Covadonga Tomé Nestal, nada en Luarca o 30 de agosto de 1970, é unha médica pediatra, sindicalista e política asturiana. Foi a cabeza de lista de Podemos Asturies nas eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2023, nas que logrou acta de deputada pola circunscrición central. Tras abandonar esa formación, dende 2024 pertence ao Grupo Mixto e é voceira de Somos Asturies dende 2026. Traxectoria De pais médicos e con orixe galega, criouse na vila de Luarca situada no concello occidental de Valdés. Realizou os estudos de primaria no colexio concertado relixioso José García Fernández e o ensino secundario no instituto público da localidade. Estudou medicina na Universidade de Oviedo entre 1988 e 1994 e a especialidade de pediatría no Hospital Universitario Cristal Piñor de Ourense (1994-1998) e no Sant Joan de Deu de Barcelona (1998). Exerceu como pediatra no Hospital del Oriente de Asturias Francisco Grande Covián (1998-2010), no Hospital Universitario Fundación Alcorcón (2010-2012) e de novo no Hospital del Oriente dende 2012 ata 2023. Realizou voluntariado médico en Venezuela, Kenya, Senegal e a India. Actividade sindical Delegada sindical por CEMSATSE, foi presidenta do comité de empresa do Hospital Grande Covián e como tal foi a cabeza visible das protestas de 2008 para mellorar a situación do Hospital Grande Covián que acabaron cunha petición de excedencia para traballar fóra de Asturiaslogo de acusar ao hospital de caciquismo e meter presión aos médicos. Actividade política miniatura|Covadonga Tomé no edificio da Xunta Xeral do Principado de Asturias en 2024 Podemos Asturies Vencellada a Podemos Asturies foi no número dous pola circunscrición de Oriente nas eleccións autonómicas de 2019. Nas proceso de primarias de 2022 encabezou unha candidatura para optar ás eleccións autonómicas de 2023 cunha lista crítica coa dirección autonómica que contou co apoio do anterior coordinador autonómico, Daniel Ripa . Finalmente, impúxose a Alba González, a candidata vincellada á dirección autonómica, por 1.565 votos fronte a 1.150. A súa vitoria converteuna na candidata de Podemos Asturies á Presidencia do Principado nas eleccións de maio de 2023 .
Podemos Asturies atravesaba dende a substitución de Daniel Ripa por Sofía Castañón como secretaria xeral en decembro de 2021 unha gran división interna. A nova dirección da formación estaba en sintonía coa dirección nacional de Podemos, e opúxose abertamente á candidatura de Covadonga Tomé. A tensión ía en aumento e en febreiro de 2023 e expulsouse e a Ripa do partido so a acusación de incumprir o código ético do partido e o 4 de abril Podemos abriu un expediente a Tomé ao aducir unha «actitude clasista e agresiva» con outros membros da formación. Covadonga Tomé e outro membros da corrente crítica péchanse na sede de Podemos en Xixón entre o 20 e o 25 de abril tras a directiva autonómica modificar as listas electorais co argumento que algúns dos seus integrantes estaban sancionados por non cumpriren as normas internas de Podemos. Nas eleccións Podemos logrou un único escano e Tomé entrou na Xunta Xeral pola circunscrición central .
A súa relación coa dirección de Podemos Asturies deteriorouse durante a lexislatura ao seguir a manter posicións críticas e participar nas negociacións de investidura de Adrián Barbón, tras organizar unha consulta entre as bases e defender o voto favorable, que a dirección de Podemos Asturias considerou unilateral de carente de validez ao xa ser aprobado o voto favorable pola dirección. O voto de Tomé foi decisivo para a investidura de Barbón na primeira votación.
Somos Asturies miniatura|Covadonga Tomé nun debate organizado por Somos Asturies en abril de 2026 En outubro Podemos suspendeulle a militancia provisionalmente e abriulle un expediente disciplinario e en marzo de 2024 Podemos comunicoulle a expulsión definitiva da formación. Tomé decidiu conservar o seu escano e pasar ao grupo mixto que xustificou como unha forma de respectar o mandato recibido nas eleccións. Nos meses seguintes traballou cos seus colaboradores na organización dunha formación política na esquerda asturiana que se deu a coñecer en marzo de 2025 so o nome de Somos Asturies como unha plataforma cidadá coa fin de agrupar diferentes correntes progresistas e superar a fragmentación existente no espazo político á esquerda do PSOE . En setembro de 2026 Somos Asturies presentouse como formación política, co apoio de representantes de distintas forzas nacionalistas de esquerdas, como o BNG, EHB, CUP, Comuns, Compromís ou Cantabristas, con Tomé como a primeira voceira da formación .
Posicións políticas Sanidade pública A sanidade pública constitúe un dos temas centrais da actividade política de Tomé. A súa experiencia como pediatra reflíctese na súa actividade parlamentaria, na que presentou numerosas iniciativas sobre o funcionamento dos hospitais, os servizos de saúde mental, a atención sanitaria no rural e a formación do persoal sanitario . Cuestionou tamén os acordos do Principado con universidades privadas para realizar prácticas clínicas nos centros públicos e defendeu darlle prioridade á universidade pública . Educación e universidade pública Tomé defende o carácter público da educación superior e móstrase contraria á expansión das universidades privadas por debilitar a universidade pública. En 2026 cualificou a expansión da universidade privada como unha decisión política que favorece os intereses empresariais fronte á igualdade no acceso á educación superior . Vivenda Tomé defende unha política de vivenda con maior intervención pública para limitar a especulación, ampliar o parque público e intervir nas denominadas zonas tensionadas e tamén reclama acelerar a execución das axudas destinadas á vivenda pública e ao alugueiro . Dereitos sociais e feminismo Tomé mantén posicións feministas e favorables á ampliación dos dereitos sociais. Durante a súa actividade parlamentaria ocupouse de cuestións relacionadas coa igualdade, a saúde sexual e reprodutiva, a infancia, a mocidade e a protección das persoas vulnerables . Oficialidade das linguas de Asturias Tomé defendeu ao longo da súa traxectoria política o recoñecemento estatutario da realidade lingüística de Asturias e considerou insuficiente o actual réxime xurídico do asturiano e do galego de Asturias. En xuño de 2024 foi a única deputada que presentou achegas ao documento da Academia de la Llingua Asturiana sobre a oficialidade. Propuxo que a definición incorporase para o galego de Asturias o termo «galego-asturiano», canda o de «eonaviego» e que ambas as dúas denominacións tivesen carácter oficial en todo o territorio de Asturias. Tamén reclamou afondar na difusión e na formación en asturiano .
En outubro de 2024 asinou, xunto cos grupos parlamentarios do PSOE e Convocatoria por Asturias, unha proposición de reforma do Estatuto de Autonomía destinada á declaración da oficialidade das linguas propias de Asturias. A iniciativa pretendía modificar o artigo 4 do Estatuto e recoñecer o dereito da cidadanía a coñecer e utilizar esas linguas
Notas
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Valdés Categoría:Deputados da Xunta Xeral do Principado de Asturias Categoría:Políticos de Podemos Categoría:Médicos de Asturias Categoría:Sindicalistas de España