Sergio Lozano Lluch, nado en Alzira o 24 de marzo de 1999, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Levante, da Segunda División.
Traxectoria Formado como futbolista na canteira do Vilarreal, debutou co Villarreal B o 11 de febreiro de 2017, nun derbi ante o Valencia Mestalla.
O 7 de decembro de 2017 xogou por primeira vez co primeiro equipo do Villarreal, substituíndo ao tamén debutante Manu Morlanes nunha derrota por 1-0 ante o Maccabi Tel Aviv na UEFA Europa League. Para a tempada 2020/21 saíu cedido ao FC Cartagena, que viña de ascender á Segunda División.
Na tempada 2021/22 conseguiu o ascenso a Segunda co filial do Villarreal, contribuíndo con nove goles en 34 partidos. O 6 de xullo de 2023 asinou un contrato de tres anos co Levante, tamén de Segunda.
Notas
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Alzira Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do Villarreal CF B Categoría:Xogadores do Villarreal CF C Categoría:Xogadores do Levante UD