miniatura|Escudo de armas asociado co apelido Rouco. Rouco é un apelido galego. En orixe facía referencia ao lugar de residencia ou procedencia da persoa.

En xaneiro de 2023 existían 3.020 persoas en Galicia co apelido Rouco, ben sexa como primeiro ou segundo apelido.Apelido Rouco na web do Instituto Galego de Estatística. O concello con maior concentración de persoas con este apelido é Vilalba.

Historia O apelido Rouco aparece citado por primeira vez no século XII nun documento do Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes, datado en decembro de 1159. Trátase de “Petrus Raucus”. No mesmo documento aparecen outros Rouco, latinizados, en 1160, 1163 e 1231.

Heráldica O escudo de armas asociado co apelido Rouco componse dun campo de prata, unha torre de pedra sobre un monte verde, e saíndo da porta, un brazo armado empuñando unha espada de prata.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de apelidos galegos Ligazóns externas Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización da Real Academia Galega, 2016.

Categoría:Apelidos galegos