O Ducado de Ferrara (latín: Ducatus Ferrariensis ; italiano: Ducato di Ferrara ; emiliano: Ducà ad Frara ) foi un estado no que hoxe é o norte de Italia, consistía nuns 1 100 km2 ao sur do río Po, estendéndose ata o val do río Reno, incluíndo a cidade de Ferrara. O territorio que formaba parte do ducado foi gobernado pola Casa de Este dende 1146 ata 1597.
Borso de Este, xa duque de Módena e Reggio, e señor de Ferrara, foi elevado a duque de Ferrara polo papa Paulo II. Borso e os seus sucesores gobernaron Ferrara como un estado case soberano ata 1597, cando pasou baixo o dominio papal directo.
Notas
Categoría:Estados da Idade Media Categoría:Estados da Idade Moderna Categoría:Estados desaparecidos da Península Itálica Categoría:Ducados de Italia