Ronald Erwin McNair, nado en Carolina do Sur o 21 de outubro de 1950 e finado o 28 de xaneiro de 1986, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-41-B e STS-51-L, falecendo durante esta última no accidente do transbordador espacial Challenger.
Traxectoria McNair graduouse en física pola Universidade de Carolina do Norte e AT&T en 1971 e tiña un doutoramento en física polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts en 1976.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1978, participando nas misións STS-41-B e STS-51-L, falecendo nesta última na explosión do transbordador espacial Challenger.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-41-B STS-51-L Accidente do transbordador espacial Challenger
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1950 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Nados en Carolina do Sur Categoría:Finados na exploración espacial