Carl Joseph Meade, nado na Base Chanute da Forza Aérea en Illinois o 16 de novembro de 1950, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-38, STS-50 e STS-64.
Traxectoria Meade graduouse en enxeñaría electrónica pola Universidade de Texas en 1973 e é máster na mesma materia polo Instituto Tecnolóxico de California en 1975.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1985, participando nas misións STS-38, STS-50 e STS-64 e pasando un total de 29,68 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-38 STS-50 STS-64
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Illinois