Verlyn Flieger, nada en 1933, é unha autora, editora e profesora do Departamento de Inglés da Universidade de Maryland en College Park. Está especializada na mitoloxía comparada, na literatura medieval, e na obra de J. R. R. Tolkien. Ten varios libros e publicacións sobre Tolkien, e é unha académica recoñecida neste eido.

Traxectoria Flieger ten unha licenciatura (1972) e un doutoramento (1977) pola Universidade Católica de América, e a partir de 1976 formou parte da Universidade de Maryland. En 2012, retirada da docencia en Maryland, Flieger comezou a impartir estudos sobre o ciclo artúrico online en Signum University.

Os seus libros máis coñecidos son Splintered Light: Logos and Language in Tolkien's World (1983), que trata sobre a luz como tema central da mitoloxía de Tolkien; A Question of Time: J. R. R. Tolkien's Road to Faërie, que obtivo o Mythopoeic Award en 1998; e Interrupted Music: The Making of Tolkien's Mythology (2005).

Gañou novamente o Mythopoeic Award en 2002 pola obra Tolkien's Legendarium: Essays on The History of Middle-earth, que editou xunto con Carl Hostetter; unha terceira vez en 2013 por Green Suns and Faërie: Essays on J.R.R. Tolkien; e unha cuarta vez en 2019 por There Would Always Be a Fairy Tale: More Essays on Tolkien.

Flieger tamén escribiu fantasía xuvenil, Pig Tale, e historias curtas. Xunto con David Bratman e Michael D. C. Drout, é editora da revista Tolkien Studies: An Annual Scholarly Review.

Obra Obra académica Como autora, ten publicado os seguintes títulos:

Tamén ten realizado edicións das seguintes obras de Tolkien:

Narrativa Publicou as seguintes novelas:

E as seguintes historias curtas:

Notas

Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados nos Estados Unidos de América Categoría:J. R. R. Tolkien Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Profesores da Universidade de Maryland, College Park Categoría:Alumnos da Universidade Católica de América