dereita|miniatura|Proba de saltos. A hípica é a modalidade da arte de montar a cabalo que comprende todas as prácticas deportivas que envolven este animal. Sendo así, é o maior deporte feito con cabalos no mundo enteiro. Entre elas están distintas probas, como saltos, adestramento, carreiras e o polo. Algunhas constitúen mesmo o péntatlon moderno, que tamén se disputa nas olimpíadas.

A pesar de existir dende a antigüidade, as súas regras e as competicións modernas xurdiron o ano 1883, nos Estados Unidos. No programa dos Xogos Olímpicos modernos, a hípica foi incluída nos Xogos de verán de 1912 en Estocolmo.

Porén, non pode ser confundida coa equitación, pois a hípica é o conxunto de deportes practicados pola alianza entre o humano e o cabalo en calquera modalidade de deporte, mentres que a equitación é a arte da cabalgada, o adestramento feito para comprender mellor a psicoloxía do cabalo, e coordinar a consciencia corporal humana á do animal buscando equilibrio e harmonía de movementos de ambos, como un todo.

Organización Fundada o ano 1921 en Lausanne, por Francia, os Estados Unidos, Suecia, o Xapón, Bélxica, Dinamarca, Noruega e Italia, a FEI (Fédération Equestre Internationale) regula os eventos internacionais de hípica, xunto coas federacións nacionais, sen prexuízos raciais, relixiosos ou relacionados con conflitos internos.História da Fédération Equestre Internationale (FEI)Perfil da Fédération Equestre Internationale (FEI)

Esa mesma institución establece os regulamentos e aproba os programas dos campionatos, e buscando asegurar a integridade dos animais desenvolveu un código de conduta baseado tanto no seu benestar como no "fair play" que debe ser adoptado polos xinetes.

Probas Para o xinete poder participar en probas nacionais ou internacionais debe federarse e, consonte a proba pretendida, obter o nivel de "Sela" axeitado. A expresión "Sela" é a designación oficial dos distintos niveis técnicos da hípica. Existen nove niveis distinguidos de "Sela" que poden ser obtidos a través da realización dun "Exame de Sela". O primeiro ciclo complétase co "Exame de Sela 4", tamén chamado de Estribo de Bronce, que permite ao xinete participar en probas oficiais nacionais. A "Sela 7" ou Estribo de Prata permite ao xinete a participación en probas oficiais internacionais. A "Sela 9", tamén denominada de Estribo de Ouro, constitúe o requisito para admisión ao curso e ao exame para ser instrutor.

Olímpicas dereita|miniatura|386x386px|Proba de Salto nos Xogos Olímpicos Adestramento: Os conxuntos (xinete e cabalo) deberán realizar unha serie de movementos (chamados "figuras") de distintos graos de dificultade. Hai figuras obrigatorias. O obxectivo é que esas figuras sexan executadas coa maior perfección posíbel, ás cales os xuíces atribuirán notas pola disciplina, prontitude e elegancia, esixindo perfecta sintonía do conxunto. Saltos: Nos saltos, o xinete e o seu cabalo deben traspor, na súa totalidade, de 10 a 15 obstáculos ordenados nunha pista que mide entre 700 e 900 metros. A altura dos obstáculos vai de 0,60m a 1,65m, dependendo da categoría. Para a chamada equitación fundamental, a altura dos obstáculos vai de 0,40 a 0,90 metros. Neste caso, o vencedor é aquel que termina a proba o máis próximo posíbel do chamado tempo ideal. O tempo ideal aplicouse coa intención de diminuír o número de accidentes nas pistas de salto. Como as probas da fundamental non son tan altas, os xinetes tendían a correr moito. Sendo a maioría principiantes, acababan sufrindo accidentes. Para se determinar este tempo emprégase a extensión do percorrido en metros dividido pola velocidade da proba e multiplicada por 0,95. Para a pista de 1,0 m o xinete pode escoller se prefire saltar o tempo ideal ou no cronómetro. Nas demais alturas, vence quen acaba a proba máis rápido e con menos faltas. Concurso completo de equitación (CCE): O CCE é unha especie de tríatlon equestre, que reúne probas de adestramento, salto e cross-country, e pode disputarse en dous formatos: un día (ODE) e tres días (3DE), non sendo permitido trocar de cabalo unha vez que comezase. Trátase dunha proba completa, na que o conxunto debe mostrar habilidade en diversas situacións.

Paralímpicas Nos Xogos Paralímpicos, dispútanse dúas modalidades, a hípica e o adestramento. Na hípica, a altura dos obstáculos é de 1,64 m. No caso do adestramento, a pista ten placas sonoras (para os discapacitados visuais) e ramplas (para os discapacitados físicos).

Non-olímpicas Enduro ecuestre: Trátase de probas de longa distancia, entre 80 e 160 km, disputadas en etapas chamadas de "aneis", onde se pon a proba a resistencia do animal. Ao final de cada anel (fases entre 15 e 40 km), hai paradas para a recuperación e probas no cabalo, os "vet-checks", onde os animais cansos ou que presenten dores no sistema locomotor son desclasificados, sen a posibilidade de substitución. Volteo: Consiste na execución de movementos de ximnasia artística sobre o cabalo en movemento, empregando o seu impulso a favor do atleta e creando unha harmonía e resonancia co mesmo. As probas son individuais, en dúos ou por equipos, e as notas aplícanse conforme a técnica, o grao de dificultade, o equilibrio, a seguranza do atleta e a integración do volteador co cabalo. Acoplamento: Son probas de adestramento, maratón e carreiras de obstáculos para seren cumpridas por un carro tirado por un, dous ou catro cabalos. No adestramento, deben executar movementos libres e obrigatorios nunha pista de 100×400 m. A maratón é un percorrido de 22 km con obstáculos naturais e artificiais. A carreira de obstáculos é unha proba contra o reloxo onde os xinetes deben seguir unha liña recta e esquivar os conos ao longo do camiño. Polo: É un deporte practicado por dous equipos de catro xinetes, nun partido que dura de catro a oito períodos (chukkas). O obxectivo do xogo é usar un taco para golpear a bóla entre as balizas, marcando máis goles que o equipo adversario. O campo mide 275 m de lonxitude por 140 de largura, sen contar coa área de escape, mentres as porterías posúen 7,3 m de largura, permitindo que a bóla pase polas trabes en calquera altura.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial da Associación Internacional de Hípica Hipismo: A arte de Montar en Cabalos