Bruce Edward Melnick, nado en Nova York o 5 de decembro de 1949, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-41 e STS-49.

Traxectoria Melnick graduouse en enxeñaría pola Academia de Gardacostas dos Estados Unidos en 1972 e é máster en sistemas aeronáuticos pola Universidade de Florida Occidental en 1975.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1987, participando nas misións STS-41 e STS-49 e pasando un total de 12,98 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-41 STS-49

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Nova York