Justė Arlauskaitė, tamén coñecida polo sobrenome artístico de Jazzu e nada o 23 de abril de 1988, é unha actriz e cantante lituana, que se fixo coñecida como compoñente, co produtor Leon Somov do grupo de música electrónica Leon Somov & Jazzu (2005-2018) . miniatura|125px|esquerda|Justė Arlauskaitė durante a xira de Leon Somov & Jazzu en 2013 Traxectoria
Justė Arlauskaitė comezou como cantante de jazz con 14 anos. Como solista actuou con diversos grupos e en varios proxectos en Lituania e no estranxeiro e con 15 anos converteuse na vocalista do grupo electrónico lituano Pieno Lazeriai. Despois da súa graduación no conservatorio Juozas-Tallat-Kelpša de Vilnius marchou a Londres estudar canto na Universidade de Thames Valley. En 2005 coñeceu ao produtor Leon Somov e involucrouse na música electrónica formando o grupo Leon Somov & Jazzu que quitou oito álbums entre 2007 e 2018.
Dende 2015 é unha das xuízas do programa X Faktorius, a versión lituana de The X Factor. Tras algúns papeis menores interpretou un dos papeis principais, a poeta Salomėja Nėris na serie de 2017 Laisvės kaina. Partizanai na LRT.
Discografía Aš skiriu tau šį lietų (2018) Apie tave (2018) Wild (2019) Dumblas (2019) Sliding Doors (2019) Karolis (2019)
Notas
categoría:Nados en 1988 Categoría:Cantantes de Lituania Categoría:Actores de Lituania