Anne Charlotte McClain, nada en Spokane, Washington, o 7 de xuño de 1979, é unha astronauta estadounidense que formou parte da misión Soiuz MS-11 e foi membro das expedicións 57, 58 e 59 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria McClain graduouse en enxeñaría aeronáutica e mecánica pola Academia Militar de West Point en 2002 e é máster en enxeñería aeroespacial pola Universidade de Bath (Reino Unido) en 2004. Tamén é máster en relacións internacionais pola Universidade de Bristol en 2005.
Foi seleccionada como astronauta pola NASA en xuño de 2013, participando na misión Soiuz MS-11 e sendo membro das expedicións Expedición 57|57, Expedición 58|58 e Expedición 59|59 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 94,48 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz MS-11 Expedición 57 Expedición 58 Expedición 59 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Washington