William Cameron "Willie" McCool, nado en San Diego o 23 de setembro de 1961 e finado o 1 de febreiro de 2003, foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-107, na cal faleceu durante o accidente do transbordador espacial Columbia.

Traxectoria McCool graduouse en ciencias aplicadas pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1983 e era máster en computación en 1985 e en enxeñería aeronáutica en 1992 pola Universidade de Maryland e a Escola Naval de Posgraduados dos Estados Unidos respectivamente.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1996, participando na misión STS-107 do transbordador espacial Columbia. Pasou un total de 15,93 días no espazo, pero durante a reentrada atmosférica o transbordador desintegrouse, falecendo tódolos seus ocupantes.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-107

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1961 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Nados en San Diego Categoría:Finados na exploración espacial