James Alton McDivitt, nado en Chicago o 10 de xuño de 1929 e finado en Tucson (Arizona) o 13 de outubro de 2022, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Gemini 4 e Apollo 9.
Traxectoria McDivitt graduouse en enxeñaría aeronáutica pola Universidade de Míchigan en 1959 e obtivo un doutoramento honorario en ciencias astronáuticas pola mesma universidade en 1965. Tivo tamén doutoramentos honorarios polas universidades de Seton Hall en 1969, de Miami en 1970 e Míchigan oriental en 1975.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en setembro de 1962, participando nas misións Gemini 4 e Apollo 9 como comandante en ambas e pasando un total de 14,12 días no espazo. Retirouse da NASA en xuño de 1972.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Gemini 4 Apollo 9
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en Chicago