Víctor Valverde Mayo, nado no Porriño cara a 1908 e finado en Guillarei (Tui) o 6 de agosto de 1936, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria miniatura|250px|Monumento aos asasinados na Volta da Moura. Funcionario do Concello do Porriño dende decembro de 1927 e oficial maior do Concello dende 1929.El Pueblo Gallego11-12-1929, p. 9. Correspondente de El Pueblo Gallego e Tribuna (onde asinaba como Miss Espanta) no Porriño.Tribuna, 8-7-1934, p. 4. Foi membro da directiva do Liceo Artístico do Porriño e colaborador da Sociedad Fomento de Porriño y su distrito e do seu boletín. Presidente da Juventud Socialista e secretario da sociedade obreira do Porriño, foi detido en abril de 1934, pola explosión dun petardo durante a procesión do Venres Santo.El Compostelano, 17-4-1934, p. 2. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e sometido a un proceso militar. Estaba preso na cadea de Tui. Foi sacado da cadea e asasinado na Volta da Moura o 6 de agosto de 1936 con José Juan Teijeira Coto e Saturnino Álvarez Sotelino.
Vida persoal Casou con Emilia Rodríguez Sequeiros en 1928,El Pueblo Gallego, 26-10-1928, p. 13. e foi pai de Emilia, Víctor, Trinidad e Adoración Valverde Rodríguez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1936