miniatura|Paleface en 2011 nunha actuación de presentación do álbum Mitä vapaus on Paleface, pseudónimo artístico de Karri Pekka Matias Miettinen "Räppäri Palefacen teos Viides maamme -kirja käsittelee aikaamme kriittisesti" lukufilis.fi, 10 de xaneiro de 2018 nado en Järvenpää o 21 de abril de 1978 é un artista de hip hop finlandés.
Traxectoria Residente en Helsinqui viviu tamén en Tampere, Rauma e Hämeenlinna. Paleface forma parte dos grupos Q-Continuum presents (This is) The Marienhof, Fat Beat Sound System e Conscious Youths. Tamén actúa como parte da banda Acoustic Journey do guitarrista inglés Jason Carter. Ademais da súa carreira como músico, entre 2008 e 2009 foi un dos comentaristas habituais do programa de debates Popkult da canle de televisión Yle Teema. Presenta o programa semanal de radio Act Like You Know en Radio Helsinki.
O seu cuarto álbum foi o primeiro en lingua finesa, titulado Helsinki - Shangri-La foi todo un éxito, editado o 15 de setembro de 2010 polo selo de hip-hop XO Records , o álbum foi disco de ouro en menos dun mes e chegou a platino con máis de 20.000 discos vendidos. Levou o premio Etno-Emma en decembro de 2010 e tamén foi o álbum nacional do ano para a revista Soundi e mais figurou entre os 12 álbums seleccionados para a rolda final do Premio da Música Nórdica .
Paleface foi un dos invitados polo presidente Tarja Halonen para as celebracións do Día da Independencia en decembro de 2010. Na gala de 2011 dos premios Emma, recibiu o premio ao solista masculino do ano. En 2011, Paleface editou o álbum aniversario da sección finlandesa de Amnistía Internacional Mitä vapaus on"Eri Esittäjiä: Mitä vapaus on – Amnesty International 50-vuotisjuhla-albumi". Soundi, 25 de maio de 2011. Colaborou con artistas como Steen1, Pyhimus, Nopsajalka, Nieminen & Litmanen ou Juno e foi tamén un dos compoñentes do grupo colectivo GG Caravan. Publicou en 2011 o seu primeiro libro Rappiotaidetta Suomiräpin tekijät sobre a historia e características do rap finlandés . miniatura|Paleface no Ilosaarirock de 2012. O quinto álbum de Paleface, Maan tapa, saíu o 25 de abril de 2012, o que se extraeron dous sinxelos: "Ikivanhat tekosyyt (kadotettujen mantra)" e "Miten historiaa luetaan?". O 23 de novembro de 2012, Paleface lanzou un sinxelo en inglés Food for the Gods co rapeiro dos Ánxeles Matre. Un álbum homónimo apareceu o 8 de febreiro de 2013, de novo con temas en inglés "Folk rap is here to stay". Music Finland, 30 de maio de 2013.
Paleface foi elixido membro en 2013 do consello que preparaba o centenario da independencia finlandesa. Un deputado dos Verdadeiros Finlandeses, Jussi Niinistö,, preguntou por escrito sobre sobre esa participación, ao considerar que non era axeitado por chamar a Mannerheim criminal de guerra.
O 26 de outubro de 2015 apareceu a canción "Mars Today" en colaboración co rapeiro Matre e a cantante tanzana Ashimba e en xuño de 2016 deu a coñecer o vídeo musical "Emme suostu pelkäämään" en apoio de Loldiers of Odin, oposto á organización de patrullas veciñais organizadas polo grupo antiinmigración Soldiers of Odin, o vídeo contou con preto de cen colaboradores.
Discografía
Álbums
The Pale Ontologist (2001) Quarter Past (2003) Studio Tan (2007) Helsinki–Shangri-La (2010) Palaneen käryä ( 2011) Maan tapa (2012) Food for the Gods ( 2013) Luova tuho (2014)
Sinxelos
"The Ultimate Jedi Mind Trick – Episode IV" (2000) "Back to Square One" (2000) "Maximize the Prophet" (2001) "Keep Hope a Lie" (2001) "Til' the Break of Dawn" (2003) "Colgate Soulmate" (2003) "Hellsinki Freezes Over" (2007) "Gently" (2007) "Merkit" (2010) "Talonomistaja" (2010) "Syntynyt rellestää" (2010) "Helsinki–Shangri-La" (2010) "Saapuu elokuun yö" (2010) "Kalpeaakin kalpeempaa" (2010)
"Ikivanhat tekosyyt (kadotettujen mantra)" (2012) "Miten historiaa luetaan?" (2012) "Muista!" con Redrama e Tommy Lindgren (2012) "Food for the gods" (2013) "Mull' on lupa" (2014) "Snaijaa" (con Tuomo, 2014) "Emme suostu pelkäämään" (2016) "Luonnonvoima" con Etta (2018) "Laulu sisällissodasta" con Ylioppilaskunnan Laulajat (2018) "Loukussa" (2019) "Surun suureen sieluun sain" (2019) "Aakkosmurha" (2019) "Käsi iskee" con DJ Massimo (2019)
Libros
Rappiotaidetta: Suomiräpin tekijät. Helsinqui: Like, 2011. ISBN 978-952-01-0655-3. Viides Maamme-kirja: Eli ajatuksia suomalaisuudesta. Helsinqui:Like, 2017. ISBN 978-952-01-1655-2. Kolmetoista kertaa kovempi – Räppärin käsikirja. Helsinqui:Like, 2019. ISBN 978-952-01-1793-1. En colaboración con Esa Salminen.
Notas
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Cantantes de Finlandia Categoría:Personalidades da radio Categoría:Nados na rexión de Uusimaa