As células estromáticas son células do tecido conectivo de calquera órgano, por exemplo as da mucosa uterina (endometrio), próstata, medula ósea, ganglios linfáticos e os ovarios. Son células que apoian a función das células parenquimáticas dese órgano. A maioría das células estromáticas comúns inclúen os fibroblastos e pericitos. O termo estromático procede do latín stromat-, “cuberta da cama”, do grego antigo στρῶμα, strôma, 'cama'.

A interacción entre as células estromáticas e as células tumorais sábese que desempeña un importante papel no crecemento e progresión do cancro. Ademais, ao regularen as redes de citocinas locais (por exemplo a M-CSF, LIF), as células estromáticas da medula ósea están implicadas na hematopoese humana e os procesos inflamatorios.

As células estromáticas (na capa da derme) baixo a epiderme (a capa superior da pel) liberan factores de crecemento que promoven a división celular. Isto mantén a rexeneración da epiderme desde as capas profundas da pel, mentres que as células da capa superior sobre a epiderme están sendo constantemente desprendéndose do corpo. Ademais, as células estromáticas xogan un papel nas respostas inflamatorias e controlan a cantidade de células que se acumulan nas rexións inflamadas do tecido. Certos tipos de cancros de pel (carcinomas de células basal) non poden diseminarse polo corpo porque as células cancerosas necesitan células estromáticas próximas para continuar a súa división. A perda destes factores de crecemento estromáticos cando o cancro se move polo corpo impide que o cancro invada outros órganos.

O estroma está formado por células non malignas, pero pode proporcionar unha matriz extracelular na cal as células tumorais poden crecer. As células estromáticas poden tamén limitar a proliferación de células T por medio da produción de óxido nítrico, dificultando a capacidade inmunitaria.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Estroma

Categoría:Células do tecido conectivo Categoría:Células humanas