A Domus do Mitreo é un museo universitario, situado na cidade de Lugo, que acolle unha antiga vivenda romana e un templo consagrado ao deus Mitra. A domus descubriuse durante unhas escavacións arqueolóxicas no Pazo de Montenegro, e foi adquirido pola Universidade de Santiago de Compostela a finais da década de 1990. Atopáronse os restos dunhas antigas construcións romanas que se inician no século I. Rematadas as escavacións, a parte baixa do vicerreitorado da USC en Lugo converteuse en museo.
O museo é propiedade da USC e do Concello de Lugo, e está xestionado pola Universidade.
O espazo dereita|miniatura|Vista do interior. En xullo de 1998, a Universidade de Santiago de Compostela adquiriu o pazo de Montenegro e os edificios adxacentes, que estiveran deshabitados durante décadas, para rehabilitalos e urbanizalos de acordo cun proxecto arquitectónico que proporcionaría á cidade un inmoble para acoller a Vicerreitoría do Campus de Lugo e mais outras instalacións culturais.
As escavacións acadaron unha superficie de 600 m² e leváronse a cabo durante varias campañas entre 2000 e 2007 baixo a supervisión do arqueólogo Celso Rodríguez Cao, aínda que non foi posible chegar máis aló da Porta de Santiago nin da praza de Pío XII, situada diante da catedral, o que impediu coñecer outros aspectos relevantes da cronoloxía dos restos arqueolóxicos.Dopico Caínzos (2017-2018), p. 65 No sitio documentouse unha domus romana que conta con diferentes fases de construción. No Baixo Imperio sufriu unha gran reforma e construíuse un templo mitraico ou mitreo. Coa construción da Muralla de Lugo abandonouse a domus, se ben o templo a Mitra seguiu en uso durante un tempo. O espazo da domus acolleu traballos relacionados coa propia construción da Muralla, como un muíño no interior do Oecus.
O sitio seguiu ocupado nas diferentes fases históricas da cidade. Atopáronse restos que van dende a Idade Media, como o cemiterio vinculado á catedral de Lugo, ata a época contemporánea, como o propio pazo de Montenegro.
Musealización O espazo musealizado agrupa diversos restos arqueolóxicos en tres recintos: o vestíbulo, a planta subterránea (con pano da muralla orixinal e templo de Mitra) e o primeiro andar. As instalacións do museo permiten o acceso á escavación arqueolóxica desde a planta baixa, e a un espazo expositivo situado no primeiro andar que explica a evolución histórica desa área da cidade e dos edificios construídos desde a Idade Media ata a actualidade. Trala construción do edificio, cuxo proxecto e dirección correu a cargo do arquitecto Felipe Peña, o proxecto de musealización adiouse durante varios anos, por mor do seu elevado custo. Finalmente, tras un investimento final, o Museo Universitario abriu as súas portas o 22 de marzo de 2018.
Conta cunha sala de conferencias situada na planta baixa (a Casa do Saber). O espazo é accesible mediante unha plataforma elevadora.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Web oficial Información sobre o museo
Categoría:Arquitectura civil en Lugo Categoría:Arquitectura da Roma antiga en Galicia Categoría:Sitios arqueolóxicos romanos de Galicia Categoría:Museos da provincia de Lugo