Dirk Dries David Damiaan, Viscount Frimout, nado en Poperinge (Bélxica) o 21 de marzo de 1941, é o primeiro astronauta belga. Formou parte da misión STS-45.

Traxectoria Frimout graduouse en enxeñería electrónica en 1963 e se doutorou en física pola Universidade de Ghent en 1970. Traballou como posdoutorado no Laboratorio de Física Espacial e Atmosférica de Colorado en 1972.

Foi seleccionado como astronauta en 1977 e participou na misión STS-45 en 1992. Pasou un total de 8,92 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-45

Categoría:Astronautas de Bélxica Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados na provincia de Flandres Occidental