O Día Mundial da Aviación e a Cosmonáutica é unha festividade que se celebra o 12 de abril, establecida para conmemorar a primeira viaxe espacial tripulada polo ser humano.
O 12 de abril de 1961 o cosmonauta soviético Iuri Gagarin, a bordo da nave espacial "Vostok 1", orbitou a Terra por vez primeira.
Establecemento da festividade Na Unión Soviética a festividade foi establecida o 9 de abril de 1962 polo Presidium do Soviet Supremo da URSS. Celébrase baixo o nome de Día da Cosmonáutica (en ruso: День космонавтики).
A data foi establecida por decisión da Federación Aeronáutica Internacional.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados
Categoría:Días de homenaxe