Arthur Engel, nado en Estrasburgo o 8 de decembro de 1855 e finado en Xenebra o 31 de xullo de 1935, foi un arqueólogo e numismático francés, moi activo en escavacións na península Ibérica, coñecido especialmente pola súa participación na descuberta da Dama de Elx.
Traxectoria Engel naceu en decembro de 1855 en Estrasburgo,Blanc, J. (1994). Páxina 63. fillo de Julie Dollfus e de Frédéric Engel,Langermann , R. (1986). "Engel, Arthur". Fédération des Sociétés d'Histoire et d'Archéologie d'Alsace (alsace-histoire.org). nunha familia economicamente acomodada orixinaria de Mulhouse, na Alsacia, dedicada á industria do algodón. Criouse nun ambiente intelectual; o seu pai era afeccionado á arte e ás antigüidades, e propietario dunha colección que pasou a formar parte do Museo de Belas Artes e Histórico de Mulhouse. Xa na súa infancia, afeccionouse á numismática e á arqueoloxía.Maier Allende, J. "Arthur Engel". Historia Hispánica. Real Academia de la Historia (historia-hispanica.rah.es).
Logo dos seus estudos no College de Mulhouse e no Lycée Saint Louis de París, iniciou a súa formación en Arqueoloxía na Escola Francesa de Roma (1878-1880) e logo participou nas escavacións do monte Testaccio. Tras unha breve estadía no Gabinete de Moedas e Medallas de París, ingresou na Escola Francesa de Atenas (1881-1884), e daquela participou nas escavacións de Corinto e de Atenas.
Xa como arqueólogo, en 1886 foi enviado a Andalucía nunha misión arqueolóxica, comisionado polo Ministerio de Instrución Pública de Francia, para estudar a escultura ibérica. Comezou os seus traballos nos arredores de Sevilla, e tamén visitou diversas coleccións privadas e recolleu manuscritos sobre antigüidades hispalenses, e deixou constancia destas experiencias na Revue Archéologique e máis tarde, como membro da Société de Correspondance Hispanique, no Bulletin Hispanique. A súa presenza en España continuou durante anos, e entre 1891 e 1898 realizou constantes viaxes arqueolóxicas sinaladamente a Andalucía e ás provincias de Alacant, Murcia, Albacete, onde puido adquirir pezas notables e realizar investigacións sobre escultura ibérica e sobre numismática.Blanc, J. (1994). Páxina 64.
O achado máis sobranceiro no que Engel colaborou no transcurso destas viaxes foi a escultura ibérica coñecida como Dama de Elx, en 1897, un feito que consolidou a investigación científica francesa en España e que lle permitiu emprender novas investigacións como as de Santiponce. O ano seguinte cedeulle estas escavacións ao seu amigo o estadounidense Archer M. Huntington, con quen colaborou ademais na formación da colección numismática da Hispanic Society of America, de Nova York, unha institución que o elixiu como membro o 21 de maio de 1905.
Tanto a Dama de Elx como unha boa cantidade de esculturas, relevos —entre os que destacan os de Osuna, onde traballou con Pierre Paris— e fragmentos arquitectónicos ibéricos descubertos nestas escavacións foron enviados ao Louvre, onde ficaron ata o seu regreso a España en 1941, ano en que Engel foi nomeado académico correspondente da Real Academia da Historia. Na derradeira etapa da súa vida, Engel foi abandonando as súas investigacións sobre o terreo en España e dedicouse case exclusivamente aos seus estudos numismáticos, centrados sinaladamente na moeda medieval e islámica, unha materia sobre a que publicou numerosos artigos sobre todo na Revue numismatique, a revista da Sociedade Francesa de Numismática, unha entidade á que pertenceu e na que foi moi activo. Unha das súas obras, Traité de numismatique du moyen âge, publicada xunto con Raymond Serrure en tres volumes entre 1891 e 1905, converteuse axiña en referencia para o estudo da numismática medieval europea."Arthur Engel". Numista.comminiatura|Relevo ibérico de Osuna, achado nas escavacións realizadas por Arthur Engel e Pierre Paris. Entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas, Engel foi membro tamén da Sociedade de Anticuarios de Francia, da Academia Campesiña de Ciencias, Inscricións e Belas Letras de París, e da Sociedade Numismática Suíza, que o nomeou membro honorario en 1921.
En 1923, ofreceulle á Escola de Roma a súa biblioteca numismática, composta por arredor de 1.800 libros e 2.000 obras menores.Blanc, J. (1994). Páxina 65.
Arthur Engel faleceu en Xenebra o 31 de xullo de 1935, aos 79 anos. No seu testamento, legou unha parte da súa fortuna á liga suíza de protección das aves, e outra parte á Casa de Velázquez, para establecer unha fundación.
Publicacións Numismática
(1876). Documents pour servir a la numismatique de I'Alsace. Musées de Stockholm et de Copenhague. V. Bader, Mulhouse. (1879). Étude sur les grandes collections de numismatique de l'Allemagne. V. Bader, Mulhouse. (1882). Recherches sur la numismatique et la sigillographie des Normands de Sicile et d'Italie. E. Leroux, París. (1887). Numismatique de l'Alsace (con E. Lehr). E. Leroux, París. (1887). Répertoire des sources imprimées de la numismatique française (con R. Serrure). Vol. I; Vol. II; Supplément et table. E. Leroux, París. (1891-1905). Traité de numismatique du moyen âge (con R. Serrure). Vol. I (1891); Vol. II (1894). Vol. III (1905). E. Leroux, París. (1897). Traité de numismatique moderne et contemporaine (con R. Serrure). E. Leroux, París.
Arqueoloxía
(1891). "Fouilles exécutées aux environs de Séville". En Revue archéologique, XVII. Páxinas 87-92.
(1891). "La nécropole romaine de Carmona" (con G. Bonsor). En Revue archéologique, XVI. Páxinas 385-389. (1891). "Note sur quelques collections espagnoles". En Revue archéologique, XVI. Páxinas 226-235. (1891). Rapport sur une mission archéologique en Espagne. E. Leroux, París. (1896). "Nouvelles et correspondance d'Espagne". En Revue archéologique, XXIX. Páxinas 204-229. (1899). "Godet de Noria (Canjilon de Noria) provenant des mines de Coronada (province de Huelva)". En Revue des Études Anciennes. 1-3. Páxinas 249-252. (1899). "Nouvelles archéologiques". En Bulletin hispanique. 1-2. Páxinas 38-39. (1900). "Nouvelles archéologiques". En Bulletin hispanique. 2-1. Páxina 14. (1903). "Inventaire de la "Casa de Pilatos" en 1752". En Bulletin hispanique. 5-3. Páxinas 259-271.
(1906). Une forteresse ibérique à Osuna, fouilles de 1903 (con P. Paris). Impr. nationale, París.Recensión da obra por G. Radet. En Revue des Études Anciennes, 9-2. 1907. Páxina 203. Notas
Véxase tamén
Bibliografía Blanc, J. (1994). "Arthur Engel". En Les Engel, une famille d’industriels et de philantropes. Ed. Christian, París. Páxinas 63-65 ISBN 2 86496 060 5 Rouillard, P. (1999). “Arthur Engel, Pierre Paris y los primeros pasos en los estudios ibéricos”. En Blánquez, J.; Roldán. L. (eds.). La Cultura Ibérica a través de la fotografía de principios de siglo: Un homenaje a la memoria. Patrimonio Nacional, Madrid. Páxinas 25-32. ISBN 978-8493082406
Outros artigos
Traité de numismatique du moyen âge
Categoría:Nados en 1855 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Nados en Estrasburgo Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Francia Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Personalidades sen imaxes