nada en Clovis (California) o 8 de agosto de de 2005, é unha patinadora estadounidense.

Traxectoria É a campioa en individuais femininos e no evento de equipo en patinaxe artística nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2026, a campioa nos Mundiais de 2025, a medallista de bronce nos Mundiais de 2022, a campioa na Final do Grand Prix, dúas veces medallista nun Grand Prix, catro veces campioa nun Challenger Series, e dúas veces campioa nacional dos Estados Unidos.

No nivel júnior, Liu foi medallista de bronce no Mundial júnior no 2020, a medallista de prata Final do Grand Prix Junior de 2019–20, dúas veces campioa nos Grand Prix Júnior, e a campioa nacional júnior dos Estados Unidos. En 2019, Liu, con 13 anos, converteuse na campioa nacional dos Estados Unidos máis cativa da historia. O seguinte ano, converteuse na patinadora máis cativa en gañar dous títulos nacionais sénior, a primeira muller en gañar consecutivamente títulos dos Estados Unidos desde Ashley Wagner en 2012 e 2013 e a primeira muller en gañar títulos júnior e sénior consecutivamente desde Mirai Nagasu en 2008.

Despois dun período de retiro, gañou un título mundial no Campionato do Mundo de 2025, converténdose na primeira muller estadounidense en facelo desde Kimmie Meissner en 2006. Nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2026, converteuse na primeira muller estadounidense en gañar unha medalla individual desde Sasha Cohen en 2006, así como a primeira medallista de ouro estadounidense desde Sarah Hughes en 2002.

Como saltadora, Liu foi a primeira muller en completar un salto cuádruplo e un triplo Axel no mesmo programa, e a primeira en facer unha combinación de triplo Axel-triplo toe loop nun programa curto. Foi a primeira muller estadounidense en facer un salto cuádruplo e a primeira muller júnior estadounidense en completar un triplo Axel na competencia internacional.

Resultados GP: Grand Prix; CS: Challenger Series; JGP: Junior Grand Prix

Internacional Evento 2017–18 2018–19 2019–20 2020–21 2021–22 2024–25 2025–26 Xogos Olímpicos de Inverno 6º 1º Campionato do Mundo 3º 1º Catro Continentes 4º Final 1º Copa da China 2º NHK Trophy 4º 4º Skate America 1º Skate Canada 5º 6º Budapest Trophy 1º Golden Spin of Zagreb 1º Lombardia Trophy 1º 4º Nebelhorn Trophy 1º Cranberry Cup 1º Eventos de equipo Xogos Olímpicos de Inverno (Evento de Equipo) 1º 2º P ISU World Team Trophy 1º T 1º P Nacional Evento 2017–18 2018–19 2019–20 2020–21 2021–22 2024–25 2025–26 Campionato dos Estados Unidos 1º J 1º 1º 4º WD 2º 2º Internacional: Júnior Evento 2017–18 2018–19 2019–20 2020–21 2021–22 2024–25 2025–26 Mundial Júnior 3º J Final 2º J Polonia 1º J Estados Unidos 1º J J. = Nivel Junior, TBD = Asignado, WD = RetiradoT = Resultado de equipo, P = Resultado Persoal; As medallas son concedidas solo polo resultado do equipo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Alysa Liu no International Skating Union Alysa Liu en SkatingScores Alysa Liu en U.S. Figure Skating

Categoría:Alumnos da Universidade de California, Os Ánxeles Categoría:Patinadores artísticos olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia chinesa Categoría:Nados en 2005 Categoría:Medallistas olímpicos en patinaxe artística Categoría:Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América