Carmen Martínez Coello, nada en Ourense, é unha enfermeira e escritora galega residente en Madrid.
Traxectoria
É diplomada universitaria en enfermaría pola Universidade de Santiago de Compostela con estudos de Antropoloxía. Traballou no Sistema Madrileño de Saúde. Colaborou activamente na revista ourensá Nós, a Xente do Redor e no xornal La Información de Galapagar, Hispanidad digital. É socia do Ateneo de Madrid e colabora co Equipo de Cultura do Centro Galego de Madrid.
Cos contos «Los Tesoros», «El manual de Instrucciones,» foi finalista do Concurso de Relatos la Princesa Cuenta en 2008 e 2009. «Esperanza de estrellas» foi publicado na Revista de Enfermería y Humanidades da Universidade de Alacant en 2011.
É autora de varios libros de narrativa en lingua castelá e tamén colabora con poesías en galego e castelán en varias revistas e escolmas e na Tertulia La Flor de Cristal (El Desván de la Memoria).
Obras
En la Casa Grande (2018). Ed. El ojo de Poe. 234 páxs. ISBN 978-84-947629-7-0. Novela ambientada no século XX en Galicia e Madrid. Asunto sin resolver (2019) Ed. El ojo de Poe. 308 páxs. ISBN 978-84-120004-8-1. A novela, ademais de deseñar a estrutura dun xogo de palabras, traza sutilmente un mapa a través do cal viaxa no tempo unha cuestión sen resolver, almacenada nas mensaxes escritas por dúas figuras históricas. Bajo el cielo más oscuro (2022). Editorial Rubric. 290 páxs. ISBN 978-84-125300-7-0. Na novela a observación das Pinturas negras de Goya no Museo do Prado de Madrid vai levar aos ambientes do nacionalismo vasco. 7 cuentos inquietantes (2023). El Desván de la Memoria. 86 páxs. ISBN 978-84-120937-9-7. Ilustración da súa filla Carmen Morera Martínez. Os relatos son unha mestura de realidades e perspectivas das miñas viaxes por diferentes lugares do país, influenciadas polo residuo que deixaron e os cambios que provocaron, engadidos ás connotacións da identidade galeguista. Lala (2025). Ed. Rubric. 282 páxs. ISBN 979-13-990552-9-0. É unha visión íntima dun núcleo familiar a través dos sentimentos que cabalgan na delgada liña oscilante invención-realidade, que xunto coa afección pola lectura, a escritura, a música e outras afinidades une tres xeracións dunha familia.
Libros colectivos de poesía
Antología de poetas en Madrid (2013). Editorial El Desván de la Memoria. ISBN 9788494188428.
Notas
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados no século XX Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega