Stranger Eyes (en ) é un filme de misterio de 2024 dirixido por Yeo Siew Hua e protagonizado por Lee Kang-sheng e Wu Chien-ho. É unha coprodución internacional entre Singapur, Taiwán, Francia e os Estados Unidos de América. Estreouse na competición principal do Festival Internacional de Cinema de Venecia, converténdose no primeiro filme de Singapur en competir polo León de Ouro. Tamén foi escollido para competir no Festival de Cinema de Taipei e no Festival Internacional de Cinema de Singapur.
Foi escollido como candidato de Singapur para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Despois de que a filla de Darren desapareza, este comeza a recibir gravacións da súa vida privada. Sospeita que o seu veciño Goh é o responsable e comeza a vixialo na procura de respostas.
Personaxes Wu Chien-ho como Junyang Lee Kang-sheng como Lao Wu Anicca Panna como Peiying Vera Chen como Shuping Xenia Tan como Ling Po Pete Teo como oficial Zheng Maryanne Ng-Yew como nai Wu Mila Troncoso como Ana
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Singapur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua mandarín Categoría:Filmes de Singapur Categoría:Filmes de Taiwán Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América