Sanyika Shakur, nado como Kody Dejohn Scott o 13 de novembro de 1963 e finado o 6 de xuño de 2021,”SANYIKA SHAKUR, FORMER GANG MEMBER TURNED MOTIVATIONAL SPEAKER, PASSED AWAY AT 57”, Black Enterprise, consultaod o 9 de xuño de 2021. tamén coñecido polo seu antigo alcume da rúa Monster Kody, foi un ex gángster estadounidense, escritor e membro do movemento pola independencia de Nova África. Foi membro dos Eight Tray Gangster Crips, con sede nos Ánxeles. Alcumárono como Monster aos seus 13 anos, despois de que os seus compañeiros o viran golpeando e pisando a unha vítima dun roubo ata desfigurala.”Throwing the book at' “Monster’”, Los Angeles Times Shakur afirmou reformarse en prisión, uniuse ao movemento da República de Nova África e escribiu unha memoria de 1993 chamada Monster: The Autobiology of an L.A. Gang Member.

Monster describe como Shakur foi arrastrado á vida das pandillas, as súas experiencias como gángster tanto na rúa como nos cárceres, e finalmente a súa transformación nun nacionalista negro.

Shakur pasou 36 meses na prisión estatal de San Quentin e cinco anos na prisión estatal de Pelican Bay, a maioría dos cales pasou en confinamento solitario, onde se converteu ao islam.

En marzo de 2007, Shakur, xa buscado pola policía por violacións á liberdade condicional e nomeado na lista de pandilleiros máis buscados da cidade, foi arrestado polo Departamento de Policía de Los Ángeles por supostamente irromper na casa dun coñecido e golpealo para roubarlle o automóbil. Os cargos representaban un posible terceiro aviso que podería enviar a Shakur de volta ao cárcere de por vida. En maio de 2008, Shakur non se opuxo aos cargos de roubo, e foi sentenciado a seis anos de prisión. Tamén en 2008, Shakur fixo o seu debut de ficción coa publicación de T.H.U.G. L.I.F.E. (Grove Atlantic Books). Foi liberado de Pelican Bay despois de cumprir dous terzos da súa condena de 6 anos en agosto de 2012.

Notas

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Finados en 2021