En ecoloxía, un efecto fervenza é unha serie de extincións secundarias que se desencadean pola extinción primaria dunha especie clave nun ecosistema. As extincións secundarias ocorren probablemente cando as especies ameazadas son: dependentes dunhas poucas fontes de alimento específicas, mutualistas (dependentes da especie clave dalgunha maneira), ou forzadas a coexistir cunha especie invasora que se introduce no ecosistema. As introducións de especies nun ecosistema alleo poden a miúdo devastar comunidades enteiras e mesmo ecosistemas enteiros. Estas especies exóticas monopolizan os recursos do ecosistema e como non teñen predadores naturais que diminúan o seu crecemento, son capaces de aumentar case indefinidamente.
Olsen et al.Olsen, T.M. D.M. Lodge, G.M. Capelli, and R.J. Houlihan. 1991. ". Impact of the introduced crayfish, Orconectes rusticus in northern Wisconsin lakes". Canadian Journal of Fisheries and Aquatic Sciences 48:1853-1861 mostraron que as especies exóticas causaron que ecosistemas de lagos e estuarios sufran efectos fervenza debido á perda de algas, cangrexos, moluscos, peixes, anfibios e aves. Porén, a causa principal dos efectos fervenza é a perda do predador clave. Como resultado desta perda, ocorre un incremento drástico (liberación ecolóxica) de especies presa. A presa poden entón sobreexplotar os seus propios recursos alimenticios, ata que a poboación reduce a súa abundancia, o que pode levala á extinción. Cando desaparecen os recursos alimenticios da presa, esta pasa fame e pode extinguirse igualmente. Se a especie presa é herbívora, entón a súa liberación inicial e a explotación das plantas pode resultar nunha perda da biodiversidade de plantas na área.Leigh, E.G., S.J. Wright, E.A. Herre, and F.E. Putz. 1993. The decline of tree diversity on newly isolated tropical islands: A test of a null hypothesis and the implications. Evol. Ecol. 7:76-102. Se outros organismos do ecosistema tamén dependen desas plantas como recurso alimenticio, entón esas especies vanse extinguir tamén.
Un exemplo de efecto fervenza causada pola perda dun predador principal dáse en bosques tropicais. Cando os cazadores causan a extinción local de predadores principais no alto da cadea trófica, a poboación de presas dos predadores aumenta, causando unha sobreexplotación dunha fonte de alimentos e un efecto fervenza de perda de especies.Dirzo, R., A. Miranda. 1991. Altered patterns of herbivory and diversity in the forest understory: A case study of the possible defaunation. En P.W. Price, T.M. Liwinsohn, G.W. Fernandes, and W.W. Benson (eds.), Plant-animal Interactions: Evolutionary Ecology in Tropical and Temperate Regions, pp. 273-287. Wiley, NY. Realizáronse estudos recentes sobre estratexias de mitigar as fervenzas de extinción en redes tróficas.Sahasrabudhe, S., and A.E. Motter, 2011. Rescuing ecosystems from extinction cascades through compensatory perturbations. Nature Communications 2, 170.
Exemplo Un exemplo de efecto fervenza causado pola perda dun depredador principal é o das lontras mariñas (Enhydra lutris). As lontras mariñas foron cazadas agresivamente pola súa pel desde o século XVII e isto continuou ata 1911 cando se asinou un tratado internacional para impedir que seguise a súa explotación, o cal causou un efecto fervenza nos ecosistemas de bosque de kelp ao longo da costa do Pacífico de América do Norte.Estes, J.A., D.O. Duggins, and G.B. Rathbun. 1989. The ecology of extinctions in kelp forest communities. Conservation Biology 3:251-264
Unha das fontes de alimentación primarias das lontras mariñas é o ourizo de mar. Cando os cazadores causaron o declive das poboacións de lontras, produciuse unha liberación ecolóxica das poboacións de ourizo de mar. Os ourizos entón sobreexplotaron a súa principal fonte de alimento, o kelp, creando "ermos de ourizos", zonas onde practicamente xa non existía vida. Ao non ter xa comida para comer, as poboacións de ourizo de mar extinguíronse localmente tamén. Ademais, como os ecosistemas dos bosques de kelp son o fogar de moitas outras especies, a perda do kelp finalmene causou tamén a súa extinción.Dayton, P.K., M.J. Tegner, P.B. Edwards, and K.L. Riser. 1998. Sliding baselines, ghosts, and reduced expectations in kelp forest communities. Ecol. Appl.8:309-322 En conclusión, a perda das lontras mariñas en áreas locais da costa do Pacífico norteamericana parece que causou un efecto fervenza de extincións secundarias, que continúan a día de hoxe.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Competición (bioloxía) Transición crítica Desfaunación Liberación ecolóxica Especies xeneralistas e especialistas Greenpeace IUCN Mutualismo Sobreexplotación Fervenza trófica World Wide Fund for Nature
Categoría:Ecoloxía Categoría:Bioloxía da conservación