Jesse Levi Valentine, nado en Edmonton, Canadá, o 28 de marzo de 1993, máis coñecido artisticamente como F-777, é un compositor e produtor electrónico canadense de música tecno e dance. É coñecido sobre todo por compor música para os videoxogos Geometry Dash e Dark Relic.
Traxectoria Comezou a súa carreira musical o 31 de agosto de 2008, despois de subir música a Newground baixo o alcume Fire in the Hall, nome co que se fixo popular antes de cambiar a F777. Converteuse nun dos artistas principais da plataforma. Valentine compuxo música no seu tempo libre, creando bandas sonoras independentes para varios videoxogos, incluíndo Geometry Dash, Rolling Sky e Dark Relic. En 2008, comezou a subir a súa música a YouTube e MySpace, incluíndo cancións como Speedbreaker, Before Mydnite, Air Fantasy e Alone.
É coñecido por lanzar varios álbums ao longo dos anos, pero só estaban dispoñibles a través da súa páxina de Bandcamp. Non obstante, en 2020, lanzou toda a súa discografía en todas as plataformas de streaming. Algúns destes álbums inclúen Raptor, Pirate Dance Machine e Deadlocked Vol. 1.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Nados en Edmonton Categoría:Nados en 1993 Categoría:DJs