Alex Arnoso, nado en Ponteareas en 1995, é un produtor, rapeiro, guitarrista e cantante galego. Foi integrante e cofundador do grupo de música urbana SonDaRúa e posteriormente do proxecto de rap metal Vimbio.
Traxectoria O seu interese pola música comezou na adolescencia, centrado inicialmente no rock e no metal, época na que comeza a tocar a guitarra. Máis adiante adentrouse no rap e na produción musical. En 2016 fundou xunto a Hugo Guezeta o grupo SonDaRúa, formación na que exerceu como vocalista, guitarrista e produtor musical. Paralelamente, encargouse da produción de parte do traballo en solitario de Hugo Guezeta e doutros artistas.
Trala disolución de SonDaRúa en 2023, fundou en 2024 a banda de rap metal Vimbio, que publicou en 2026 o seu primeiro álbum de estudio, titulado Comeza o xogo.
De xeito independente, tamén lanzou diversos sinxelos en solitario e colaboracións.
Discografía
Con SonDaRúa Liberando Mentes (EP, 2017) Eterno combate (LP, 2020)
Con Vimbio Comeza o xogo (LP, 2026)
Sinxelos en solitario "Technolife" (2024) "Dispara" (feat. Hugo Guezeta) (2024) "MENINA DE VERMELLO" (2026) "Curva fondo ras" (2026) "Paripé" (2026)
Notas
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Guitarristas de Galicia Categoría:Rapeiros de Galicia Categoría:Nados en Ponteareas
Categoría:Nados en 1995