Para outros artigos de persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Serrure
Raymond Serrure, nado en Gante o 25 de decembro de 1862 e finado en Saint-Maur-des-Fossés, Val do Marne, o 16 de setembro de 1899, foi un numismático belga.
Traxectoria Serrure naceu en decembro de 1862 en Gante, fillo do historiador e numismático Constant-Antoine Serrure (1835-1898) e neto de Constant-Philippe Serrure (1805-1872),Cenleucer, A. de. (1920). Páxina 265. tamén numismático, arquiveiro de Flandres Oriental, profesor da Universidade de Gante e cofundador da Sociedade Real de Numismática de Bélxica. Criado neste ambiente intelectual, xa con 17 anos comezou a publicar unha serie de artigos sobre as moedas flamengas na Revue belge de numismatique, unha revista en cuxa fundación tamén participara o seu avó.Cenleucer, A. de. (1920). Páxina 266.Mazerolle, F. (1899). Páxina 221.
Logo da súa primeira educación, formouse inicialmente no Ateneo Real de Bruxas e logo estudou Filosofía e Literatura na Universidade de Bruxelas. Contrariamente aos desexos da súa familia, que quería que se orientase profesionalmente ao dereito, Serrure dedicouse de cheo á numismática ao longo da súa traxectoria profesional.
En 1880 publicou o primeiro dos seus traballos importantes, acerca da historia monetaria de Bélxica. Tamén foi o fundador, do Bulletin mensuel de Numismatique et d'Archeologie, unha publicación en seis volumes activa de 1881 a 1896 na que describiu en notas breves diversas moedas inéditas ata o momento, e tamén corrixiu erros anteriores na clasificación de moedas medievais, publicada en París.
Consciente da limitación de recursos do seu país para levar a cabo as súas investigacións e os seus estudos, Serrure estableceuse na capital francesa, como comerciante e experto numismático. En París traballou como secretario do arqueólogo e numismático Pier Charles Robert, baixo cuxa protección estudou a fondo o sistema feudal francés e as súas emisións monetarias. Á morte do seu mentor, encargouse de rematar e de publicar a obra que este deixou inacabada, Mémoire sur les monnaies, jetons et médailles des évêques de Metz.Cenleucer, A. de. (1920). Páxina 267. Nesa época publicou un bo número de tratados numismáticos, os máis salientables en colaboración con Arthur Engel, como o Traité de numismatique du moyen âge, publicado en tres volumes entre 1891 e 1895. Tamén foron frecuentes as súas colaboracións con diversas publicacións periódicas do sector.Mazerolle, F. (1899). Páxina 222.Cenleucer, A. de. (1920). Páxina 270.
En 1897, foi un dos fundadores de Gazette numismatique, dirixida por Mazerolle, e xa o seu primeiro número contou con varios artigos seus.
Serrure foi membro de diversas entidades asociativas e sociedades eruditas, entre elas as sociedades arqueolóxicas de Namur e Charleroi, e a Sociedade Suíza de Numismática. Tamén foi membro correspondente da Sociedade Numismática e Arqueolóxica de Filadelfia, da Sociedade Frisona de Historia de Leeuwarden, e da Sociedade Numismática Italiana.Ambrosole, S. (1899).
O 16 de setembro de 1899, Raymond Serrure morreu repentinamente aos 36 anos na localidade de La Varenne-Saint-Hilaire, municipio de Saint-Maur-des-Fossés, Val do Marne.Mazerolle, F. (1899). Páxina 265.
Publicacións Raymond Serrure foi autor dun bo número de artigos publicados en diferentes revistas especializadas, entre elas Revue belge de numismatique, Bulletin de numismatique et d'archéologie, Gazette numismatique française, Annales de la Société française de numismatique ou Revue numismatique.Mazerolle, F. (1899). "Raymond Serrure 1862-1899. Bibliographie numismatique". En Gazette numismatique française. Ano 3. Páxinas 224-232.S. A. (1899).
Escolma de monografías
(1880). Dictionnaire géographique de l'histoire monétaire belge. Bruxelas. (1880). Deux études de numismatique nationale. C, Vyt, Gante. (1883). Musée royal d'antiquités et d'Armures. Catalogue de la collection de poids et de medures. Bruylant-Christophe, Bruxelas. (1887). Catalogue de livres de numismatique et d'Archéologie..., París. (1887). Dictionnaire géographique de l'histoire monétaire de France (Région du Nord-Ouest). París. (1887). Répertoire des sources imprimées de la numismatique française (con A. Engel). Vol. I; Vol. II; Supplément et table. E. Leroux, París. (1891-1905). Traité de numismatique du moyen âge (con A. Engel). Vol. I (1891); Vol. II (1894). Vol. III (1905). E. Leroux, París. (1897). Traité de numismatique moderne et contemporaine (con A. Engel). E. Leroux, París.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ambrosole, S. (1899). "Necrologia: Raimondo Serrure". En Rivista italiana di numismatica. Società numismatica italiana. Páxinas 575-576. De Ceuleneer, A. de. (1920). "Serrure (Raymond-Constant)". En Biographie nationale. Académie royale des ciences, des lettres et des beaux-arts de Belgique. Tomo XX. Páxinas 265-272. Mazerolle, F. (1899). "Raymond Serrure 1862-1899. Biographie". En Gazette numismatique française. Ano 3. Páxinas 221-222.
Outros artigos
Constant-Philippe Serrure Constant-Antoine Serrure
Traité de numismatique du moyen âge
Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en 1899 Categoría:Nados en Gante Categoría:Numismáticos de Bélxica Categoría:Alumnos da Universidade Libre de Bruxelas Categoría:Personalidades sen imaxes