A difusión da responsabilidade é un fenómeno sociopsicolóxico no cal un individuo é menos propenso a asumir a responsabilidade de actuar ou intervir ante unha situación de urxencia cando hai outras persoas presentes. Baixo este efecto, a responsabilidade de axudar non se concentra nunha sóa persoa, senón que se divide de xeito imaxinario entre todos os membros do grupo, o que a miúdo provoca que ninguén tome a iniciativa.
Este concepto esta estreitamente vinculado co "efecto espectador" (ou efecto "bystander"). A investigación científica demostrou que probabilidade de recibir axuda e inversamente proporcional ao número de testemuñas: Canto maior sexa o número de persoas que presencian unha crise, menor é a probabilidade de que algunha delas decida intervir.
O experimento orixinal de Darley e Latané O concepto foi proposto orixinalmente polos psicólogos sociais John Darley e Bibb Latané en 1968, tras realizaren unha famosa serie de investigacións motivadas polo asasinato de Kitty Genovese en Nova York en 1964, onde ningunha das testemuñas interviu para axudala.
Co fin de demostrar este fenómeno na contorna controlada de laboratorio, os investigadores deseñaron un experimento no que participaron estudantes universitarios.
Procedemento Colocouse a cada estudante nun cubículo illado e indicoúselles que debían manter unha discusión acerca dos problemas da vida universitaria a través dun sistema de intercomunicadores. Isto impedíaos verse entre si. Durante a conversa, un dos participantes (quen realmente era unha gravación programada polos investigadores) simulaba sufrir un ataque epiléptico grave e pedía axuda desesperadamente.
Condicións Os investigadores manipularon o número de persoas que o estudante cría que estaban escoitando a chamada de auxilio ao mesmo tempo.
Resultados do estudo O experimento demostrou que a percepción do número de testemuñas alteraba drasticamente a conduta de axuda dos suxeitos:
Sen máis testemuñas: Cando o participante pensaba que era o único que escoitaba a vítima o 85% saíu do seu cubículo para buscar axuda antes de que rematase o ataque. Grupos pequenos: Cando crían que había outros dous estudantes escoitando, a cifra de intervención baixou ao 62% Grupos grandes: Cando pensaban que outras catro persoas tamén escoitaban a emerxencia, só o 31% dos suxeitos tomou a iniciatva de actuar.
Mecanismos psicolóxicos A difusión da responsabilidade non sucede por falta de empatía ou por egoísmo inherente nos individuos, senón pola activación de varios procesos cognitivos e sociais que alteran a percepción da situación.
Ignorancia pluralista: Cando ocorre unha situación ambigua e de urxencia, as persoas tenden a mirar como reaccionan os demais para determinar se a situación é realmente grave. Se ninguén actúa, cada individuo asume de xeito erróneo que os outros consideran que a intervención non é necesaria, o que paraliza a resposta do grupo. Difusión da culpa: Nunha situación onde un individuo é a única testemuña dunha crise, toda a responsabilidade ética e moral do resultado recae sobre el. Pola contra, cando un grupo é numeroso, o custo psicolóxico e a posible culpa por non intervir divídese entre todos os presentes, mínimizando a culpa individual. Anonimato no grupo: A presenza de multitudes reduce a autoconsciencia e a percepción de que un mesmo pode ser xulgado polas súas accións ou omisión. O individuo séntese invisible e asume que calquera outro membro tomará a palabra ou a iniciativa.
Ámbitos de aplicación Aínda de que o concepto naceu para explicar a pasividade en urxencias físicas, a psicoloxía moderna demostrou que a difusión da responsabilidade opera en moitos outros contextos da vida cotiá e das organizaciónsSchultz, T., & Schultz, S. E. (2014). ''A History of Modern Psychology''. Cengage Learning.:
Acoso escolar: Nas aulas cando un grupos de estudantes presenza que un compañeiro sofre acoso ou agresións e ninguén intervén, estase a producir unha difusión da responsabilidade. Cada alumno asume que debe ser outro (outro alumno ou profesor) o que dea aviso ou faga fronte a agresor. Contornas laborais e corporativas: No traballo en equipo, cando unha tarefa ou proxecto se asigna a un grupo moi grande sen delimitar claramente as funcións individuais, o rendemento baixa (un fenómeno moi proximo a folgazanería social). Os compañeiros poden asumir que alguén máis fará o traballo díficil, o que orixina atrasos ou erros dos que ninguén sintese responsable. Contorna díxital e redes sociais: Nas comunidades en liña a difusión da responsabilidade incrementase debido ao anonimato das pantallas. Un claro exemplo dase cando alguén pide axuda ou denuncia un feito nun grupo masivo de redes sociais e recibe moi poucas respostas, xa que os miles de usuarios que len a mensaxe pensan que calquera dos outros membros xa estarán axudando.
Estratexias de aplicación A psicoloxía social identificou estratexías eficaces para neutralizar o efecto da difusión da responsabilidade, baseadas principalmente na individualización e na clarificación de roles.
Asignación directa en emerxencias: Para romper o efecto do espectador nunha crise pública, a vítima ou un líder improvisado debe dirixirse a unha persoa concreta do grupo, sinalándoa ou describíndoa directamente (por exemplo: Vostede o dos pantalóns verdes, chame agora mesmo a unha ambulancia). Isto elimina o anonimato e traslada o 100% da responsabilidade a ese individuo, quen adoita reaccionar de inmediato. Definición de funcións nas organizacións: No ámbito profesional e educativo, evítase este fenómeno ao fixar obxectivos individuais claros e transparentes dentro dos proxectos colectivos. Cando cada membro do grupo sabe exactamente de que subtarefa é responsable e que terá que render contas por ela, a dilución da culpa desaparece. Educación e concienciación transdiagnóstica: O simple feito de que as persoas coñezan a existencia do efecto da difusión da responsabilidade reduce de xeito significativo as probabilidades de que caian nel, xa que mellora a autoconsciencia e a toma de decisións en situacións críticas.
Críticas e revisións contemporáneas Aínda que a difusión da responsabilidade é un dos fenómenos máis replicados na psicoloxía social, as investigacións do século XXI matizaron a universalidade do efecto, sinalando importantes excepcións e limitacións ao modelo orixinal:
O grao de perigo da situación: Estudos de metaanálise demostraron que cando unha urxencia é claramente perigosa ou potencialmente letal (por exemplo, unha agresión física violenta en curso), a difusión da responsabilidade tende a desaparecer. Nestes casos de alto risco, as testemuñas perciben a situación de alto risco, as testemuñas perciben a situación de forma menos ambigua e actúan de xeito máis rápido, independentemente de cantas persoas estean presentes. O efecto da identidade grupal: O fenómeno apróbase principalmente cando o grupo está formado por descoñecidos. Se as persoas presentes comparten unha identidade social ou vínculo previo (amigos, veciños ou membros dun mesmo colectivo), a presenza de máis testemuñas non paraliza a acción, senón que pode actuar como un facilitador, incrementando o apoio mutuo e a intervención colectiva.
Notas
Categoría: Psicoloxía social Categoría:Psicoloxía moral