O Roteiro da Memoria As Catalinas é un itinerario de 1,98 quilómetros situado no concello de Carral, que une a Canteira das Catalinas coa igrexa parroquial de Santa Mariña de Beira. O percorrido lembra ás polo menos 18 persoas que foron asasinadas no contorno da canteira pola acción da represión franquista entre o 14 de agosto e o 3 de novembro de 1936, e incorpora paneis informativos que contextualizan os feitos e o espazo no que se produciron.
Historia miniatura|250px|Perfil altimetrico entre a Canteira e a Igrexa de Santa Mariña de Beira. Tras o triunfo do golpe de Estado de 1936, as novas autoridades sublevadas instauraron unha política de represión destinada a neutralizar a oposición política e a espallar o medo a erguerse no resto da poboación, co obxectivo de manterse no poder.
No eido desta represión, polo menos 18 persoas -maioritariamente residentes na Coruña-, foron asasinadas na contorna da Canteira das Catalinas, situada no monte das Teixoeiras, en Carral, un lugar ben visible, ao bordo da estrada N-550, e afastado da cidade, o que contribuiu a dificultar a identificación dos corpos, ata o punto de que aínda hoxe a identidade de catro deles é descoñecida.
+NomeIdadeLugar de residenciaData de apariciónManuel Salgado Núñez28 anosA Coruña14 de agosto de 1936DescoñecidoAproximadamente 28 anosDescoñecido14 de agosto de 1936Luciano Costa García29 anosCambre16 de agosto de 1936Francisco Pérez Mato43 anosCela de Cambre16 de agosto de 1936Antonio Díez Mauricio20 anosA Coruña16 de agosto de 1936Francisco Méndez Fernández23 anosA Coruña16 de agosto de 1936Juan Rubio Sauce24 anosA Coruña16 de agosto de 1936DescoñecidoDescoñecidaDescoñecida18 de agosto de 1936Juan Díaz Loureda28 anosRutis-Culleredo3 de setembro de 1936Acracio Seoane Díaz30 anosA Coruña5 de setembro de 1936DescoñecidoSobre 32 anosDescoñecida5 de setembro de 1936Enrique Lage Baldomir24 anosA Coruña10 de setembro de 1936Antonio Pérez Rodríguez34 anosA Coruña10 de setembro de 1936Julio Teijo Fernández26 anosA Coruña15 de setembro de 1936Julián Hermida Montoya29 anosA Coruña29 de setembro de 1936DescoñecidoDescoñecidaDescoñecida3 de novembro de 1936
Cando aparecía un corpo, unha autoridade chamada celador acudía aos núcleos de poboación próximos e seleccionaba veciños para recoller os restos mortais e trasladalos ao cemiterio da igrexa de Beira, a máis achegada, seguindo o mesmo camiño que hoxe percorre a ruta.
No 2007, a Asociación Cultura Aberta de Carral, organizou as terceiras xornadas de Memoria Histórica, ca participación do investigador Luis Lamela, quen deu unha conferencia titulada "Os novos mártires de Carral, o de 1936", que foi un repaso polos fusilamentos, "paseos", represión carcelaria, laboral e económica en Carral e poñía nome á meirande parte das vítimas da canteira das Catalinas.
En 2022 a mesma asociación organizou diversos actos de homenaxe as vítimas, entre eles a inauguración dun monumento conmemorativo no cemiterio de Beira, obra do escultor Valdi e cun poema de Baldomero Iglesias, e a edición do libro "Lembranzas de José Manuel Moledo Rodríguez e Luciano Costa García" , onde se recollían novos datos das vítimas en colaboración coa Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.
En xullo de 2026, o grupo HISTAGRA, co apopio da Deputación da Coruña, realizou a exhumación de dúas das vítimas da Canteira das Catalinas nunha fosa do cemiterio. Durante o desenvolvemento destes traballos, a Asociación Cultura Aberta anunciou a creación dunha ruta que uniría a canteira coa fosa. O itinerario foi inaugurado o 19 de setembro de 2026, incorporando dous paneis explicativos elaborados polo investigador David Lozano e códigos QR que levan a máis contido que contextualiza os feitos acontecidos en 1936 e a contorna na que se sitúan a canteira e a igrexa.
A contorna O roteiro discorre polo monte das Teixoeiras, no val de Barcia. Neste monte conservanse atopar varias covas que algúns autores atribuen a unha posible orixe romana, vencellada á extracción de ouro. Durante a represión franquista, algunhas destas cavidades foron empregadas coma agocho por persoas perseguidas, entre elas a coñecida como Cova dos Foucellas.
Ao longo do itinerario, transcorren tres regos: O rego das Reghas, o rego de Freighonde e o rego de Ramasquisdo, que ainda hoxe siguen sendo parte da traída de augas das vivendas da zona.
No final do roteiro, sitúase a igrexa de Santa Mariña de Beira, un templo da idade contemporánea que foi reconstruído na década de 1950, mediante suscripción popular obrigatoria. Esta intervención alterou de maneira significativa os lugares onde se supón que foran soterradas as vítimas da Canteira das Catalinas. Durante as obras, a misa oficiouse na capela do próximo Pazo das Cadeas, edificio do século XVII
Na contorna localizanse tamén dous castros: O castro das Travesas e o castro de Hervés. No Monte Xalo existen petróglifos catalogados, e no lado oposto da estrada N-550 atópase o conxunto etnográfico dos muiños do Batán, formado por catorce muiños construidos no século XVIII.
Vesaxe tamén
Ficha do roteiro en Wikiloc Roteiro de Memoria As Catalinas na web de Cultura Aberta de Carral
Notas
Categoría:Carral Categoría:Rutas Categoría:Represión política Categoría:Guerra civil española en Galicia