Miguel Ángel Sierra Ortega, nado en Granada o 14 de xullo de 2004, é un futbolista español que xoga de extremo esquerdo no Sevilla, da Primeira División.
Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Reino de Granada e do Estrellas Chana Barrio, antes de ingresar no equipo xuvenil do Granada en 2022. En marzo de 2023 debutou co FC Cubillas de Albolote na División de Honra Andaluza, pasando en xullo ao Real Avilés, da Segunda Federación.
En agosto de 2024 asinou un contrato de dous anos co Sevilla Atlético, da Primeira Federación. Despois de consolidarse na titularidade co filial, debutou co primeiro equipo na Primeira División o 30 de novembro de 2025, substituíndo a Chidera Ejuke nun derbi ante o Real Betis. Notas
Categoría:Nados en 2004 Categoría:Nados en Granada Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Avilés CF Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores do Sevilla FC