Isaac Romero Bernal, nado en Lebrija o 18 de maio de 2000, é un futbolista español que xoga de dianteiro no Sevilla, da Primeira División.
Traxectoria
Antoniano Formouse como futbolista nas canteiras do Sevilla, do Antoniano e do Balón de Cádiz. Volveu a Antoniano en novembro de 2017 e debutou co primeiro equipo na División de Honra Andaluza.
Asentouse na titularidade do Antoniano durante a tempada 2018/19, contribuíndo con 11 goles ao ascenso do club á Terceira División.
Sevilla En xullo de 2019 volveu ao Sevilla, ingresando no equipo C, tamén de Terceira. Despois de pasar polo filial, o 11 de xaneiro de 2024, foi ascendido ao primeiro equipo do Sevilla. Debutou na Primeira División nunha derrota por 2-3 contra o Deportivo Alavés.
Notas
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Lebrija Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores do Sevilla FC