Galicia Sports 360, tamén coñecido pola súa forma abreviada, GS360 ou Celta360, é un proxecto empresarial deportivo ligado ao Real Club Celta de Vigo e á súa cidade deportiva, Afouteza. O proxecto naceu en 2023 impulsado polo Grupo GES, malia que as obras da cidade deportiva comezaron en 2020. A finalidade coa que se conceptualizou o proxecto foi a innovación no deporte e a tecnificación e desenvolvemento empresarial no ámbito deportivo, con formación profesional, hostalaría, medicina deportiva ou proxectos de ocio. Ademais de ser o lugar de adestramento dos equipos que conforman o Celta, está proxectado un estadio auxiliar a Balaídos, con capacidade para 4.000 seareiros. Tamén forma parte do proxecto a plataforma GS360play, unha canle de emisión de deporte, fundamentalmente galego. O proxecto foi declarado Proxecto de Interese Autonómico (PIA) pola Xunta de Galicia.
Cronoloxía
Fase 1: os rudimentos do proxecto miniatura|Edificio principal da Cidade Deportiva Afouteza, dentro do proxecto Galicia Sports 360. A primeira fase do proxecto consistiu na creación dos primeiros rudimentos da nova cidade deportiva celeste, que veu a substituír ás antigas instalacións municiapais da Madroa.
A súa conceptualización e deseño foi aprobado en 2018, e a construción comezou en novembro de 2021 polos arquitectos Guadalupe Piñera Manso e Jesús Irisarri Castro, do estudo de arquitectos Irrisari e Piñera. Edificado polo Grupo San José, consta de 59.901 m² de parcela, 4878 m² de superficie construída e 29.500 m² de superficie urbanizada. Dispón de tres campos de céspede natural e dun edificio principal que alberga almacéns, cuartos de instalacións, ximnasio, oficinas, sala de prensa e vestiarios.
As instalacións do edificio principal, localizadas entre os campos de fútbol, constan dunha estrutura de lousas de formigón armado e peares metálicos. As fachadas, pola contra, conteñen diversas capas de madeira, vidro e policarbonato. Dito edificio está formado por un conxunto de construcións ou estancias, unidas entre elas por pasarelas e corredores sinuosos e integrados na paisaxe, co obxectivo de daren continuidade á contorna, un bosque caducifolio da costa atlántica galega, dando lugar a infinidade de espazos intermedios. Tamén se empregaron árbores e demais vexetación autóctona, e tratouse de respectar a forma e contorna dos terreos que conforman o monte, conformado por pequenos outeiros de orografía irregular.
Fase 2: a presentación oficial 200px|miniatura|Obras durante a segunda fase do proxecto. Na marxe dereita, as instalacións xa edificadas na Fase 1; isto é, dous campos de fútbol e o edificio principal. A segunda fase do proxecto iniciouse no primeiro semestre de 2025, após da declaración do proxecto coma PIA por parte do goberno galego. O proxecto foi presentado ao público o 10 de xullo de 2025, nun acto institucional conducido pola xornalista e presentadora da Televisión de Galicia, Esther Estévez. No acto establecéronse as bases do proxecto do Celta cara os vindeiros 100 anos, e a el asistiron autoridades como o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, así coma a cúpula directiva do Celta e os xogadores Damián Rodríguez, do equipo sénior masculino e Lara Martínez, do sénior feminino. O grupo orquestral de música folk Sondeseu actuou durante o desenvolvemento da presentación.
Edificios
Residencia Edificio mixto: área formativa, centro de fabricación avanzada e áreas clínicas. Edificio celta: oficinas, restauración e formación de categorías inferiores.
Infraestrutura
Instalacións deportivas
A universidade do deporte
Controversia A construción das instalacións do proxecto GS360 foron obxecto de críticas polo seu impacto ambiental, ao estaren localizadas en terreos forestais comunais de Tameiga, en Mos. Ademais do impacto na masa forestal, a comunidade de montes de Tameiga denunciou o impacto do proxecto nos recursos hídricos duns 5000 veciños, ao afectaren ás infraestruturas da traída da auga. Porén, e logo de pequenas modificacións no proxecto orixinal que implicaban a redución da área de construción e a reubicación dalgunhas das infraestruturas, en xaneiro de 2025 acadouse un acordo entre o Celta e a comunidade de montes para a aprobación definitiva do proxecto.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ligazóns externas
Presentación do proxecto GS360 por parte de Carlos Cao.