Pioneiras da ciencia en Galicia é un ensaio de Manuel Rey Pan e Eduardo Rolland, publicado en 2022 no marco da colección Feminismos editado por Editorial Galaxia. O volume trata o papel pioneiro das mulleres na ciencia en Galicia. Características

Neste libro abórdase "o papel xogado polas pioneiras da ciencia no noso país. Conta, pois, a súa epopea para ser tomadas en serio nese mundo de homes en tempos, incluso, en que se dubidaba da capacidade intelectual das mulleres para poder entender as máis básicas cuestión da vida. No camiño que aínda nos queda por percorrer para chegar a esa Igualdade, tamén no eido científico, as mulleres que aparecen neste libro resultaron esenciais. Investigadoras, teóricas, estudosas… todas elas puxeron as bases para que hoxe unha investigadora non sexa unha rareza dentro dun laboratorio…" Porque como comentaba un dos autores nunha entrevista "Ter estas mulleres referentes e eses trazos da súa personalidade, tanto na actualidade como para o futuro, é moi necesario para alguén que queira seguir o seu camiño"

Científicas incluídas No libro recollen as biografías destas 25 pioneiras: Aida Fernández Ríos Ana María Prieto Fernanda Monasterio Ramona Vaamonde Rita Fernández Queimadelos Ángeles Alvariño Tarsy Carballas Inmaculada Paz-Andrade Isabel Zendal María Wonenburger Elisa Fernández de la Vega Jimena Fernández de la Vega Antonia Ferrín Manuela Barreiro Ramona Vaamonde Olimpia Valencia Celia Brañas Sofía Novoa Ángela Ruiz Robles Olga Gallego María Barbeito Exeria Luisa Cuesta Concepción Arenal Elisa Díaz Riva Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Pioneiras da ciencia en Galicia en Nós Televisión

Categoría:Obras feministas escritas Categoría:Ensaio Categoría:2022