George Nicholas Eckert, nado en Womelsdorf, Pensilvania, o 4 de xullo de 1802 e finado en Filadelfia o 28 de xuño de 1865, foi un médico, alto funcionario e político estadounidense, membro do partido Whig, membro da Cámara de Representantes (1847-1849) e director da Casa da Moeda dos EEUU (1851-1853).

Traxectoria

Formación e actividade privada Eckert graduouse no departamento de Medicina da Universidade de Pensilvania, en Filadelfia, en 1824Maxwell, W.J. (1917). General Alumni Catalogue of the University of Pennsylvania. UP General Alumni Society, Filadelfia. Páxina 586. e exerceu a medicina en Reading, Pensilvania. Foi un dos organizadores da Sociedade Médica do Condado de Berks en 1824.United States Congress. (1961). Biographical Directory of the American Congress, 1774-1961. U.S. Government Printing Office. Páxina 845.

Posteriormente trasladouse a Pine Grove, no condado de Schuylkill do mesmo Estado, onde se dedicou ao comercio do carbón e do ferro.

Carreira pública Eckert foi elixido polo partido Whig para o trixésimo Congreso. O 1 de xullo de 1851 foi nomeado polo presidente Millard Fillmore director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, cargo que exerceu ata o 6 de xuño de 1853.Evans, G. G. (1893). Páxina 103.

George Nicholas Eckert finou en Filadelfia o 28 de xuño de 1865 e foi soterrado no cimeterio Laurel Hill.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Evans, G. G. (1893). Illustrated history of the United States mint... G. G. Evans, Filadelfia.

Outros artigos

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

Categoría:Nados en 1802 Categoría:Finados en 1865 Categoría:Nados en Pensilvania Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Políticos dos Estados Unidos de América Categoría:Médicos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de Pensilvania