Un berro é un son forte emitido pola voz dun animal ou persoa, a maioría das veces causado pola ira, alegría, medo ou algunha outra emoción. Tamén se usa para avisar dun xeito apaixonado. É un tipo de comunicación que ocorre tanto intencionadamente como sen querer.

thumb|

Etimoloxía Téñense apuntado orixes diversas para o termo.

Onomatopeico Do latín *verrāre ou de verre-, e de aí virían becerro e «verrón/berrón» como porco e como chorón. Do gálico *bẹrŭro-, derivado do proto-céltico *beru, semellante ao bir en irlandés antigo ("auga, fonte")

Comunicación e linguaxe O berro pode expresar e comunicar diversas emocións, ademais de pracer ou dor. Elaine Scarry, escritora e profesora de literatura, fala da linguaxe en relación coa dor indicando que os berros fan que as persoas volvan a un estado onde os sons non articulados dominan. A dor é unha experiencia individual, porén, como calquera outro concepto, pódese comunicar como unha idea. O berro é un tema e unha ferramenta recorrente nas artes plásticas, nas perfomances, no cinema, no teatro e na música.

Hegel escribe: “O maior alivio ao ter dor é poder gritalo […] a través desta expresión, a dor faise obxectiva e iso fai a conexión entre o suxeito, que está só con dor, e o obxecto, que non ten dor."

Notas

Véxase tamén

Categoría:Comportamento Categoría:Comunicación