Edward Owen Leech, nado en Washington o 9 de decembro de 1850 e finado en Nova York o 1 de maio de 1900, foi un alto funcionario e político estadounidense, director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1889 e 1893.

Traxectoria

Orixe familiar Edward O. Leech naceu o 9 de decembro de 1850 en Washington, onde o seu pai, Daniel D. Tompkins Leech (1810-1869) tiña a súa praza como funcionario do Servizo Postal dos EEUU e, posteriormente, do Departamento do Tesouro. Edward O. Leech era descendente directo de Lawrence Leach (1589-1662), un inglés establecido en Salem, Massachusetts, en 1629. Ademais, un avó de Edward O. Leech, o capitán Hezekiah Leach, loitou na Guerra de Independencia dos EEUU.Evans, G. G. (1893). Páxina 96."Edward Owen Leech". En The Bankers Magazine. Volume 60. Nº 5. Bradford-Rhodes & Company, Nova York. 1900. Páxinas 698-699.

Carreira profesional Edward O. Leech recibiu a súa educación secundaria no Instituto de Everett, en Washington, e logo cursou estudos superiores na Universidade Columbia, na que se graduou en 1869, ano en que tamén faleceu o seu pai.Evans, G. G. (1893). Páxina 97.

Ese mesmo ano comezou tamén a exercer como empregado na Oficina de Estatística do Departamento do Tesouro. No marco da reorganización da Casa da Moeda dos Estados Unidos, a raíz da Lei da Moeda de 1873, o daquela director da institución, Henry Linderman, invitou a Leech a se converter nun dos seus axudantes. Posteriormente traballou como responsable de ensaios, como axustador de contas e como contador de metal precioso.

Paralelamente, Leech continuou a súa formación académica e en 1886 acadou o seu mestrado na Facultade de Dereito da Universidade Nacional en Washington, aínda que decidiu permanecer vinculado profesionalmente á US Mint, no canto do exercicio da práctica xurídica. miniatura|190x190px|Medalla do director Edward O. Leech emitida en 1890 pola Casa da Moeda dos EEUU. Gravador: Charles E. Barber. O 16 de outubro de 1889, o presidente Benjamin Harrison nomeou a Leech director da Casa da Moeda dos EEUU, en substitución de Linderman. Leech tiña 38 anos e era a persoa máis nova en acceder ao posto de director. The New York Times publicou un editorial situándose en contra deste nomeamento, argumentando que o presidente o levara a cabo simplemente porque Leech encubrira o fillo do presidente nun escándalo relacionado cun negocio fraudulento en Montana."Paying for Whitewash". En The New York Times. 8 de outubro de 1889. Leech exerceu o cargo de director da ceca pública entre outubro de 1889 e maio de 1893, data en que se retirou do seu servizo para a Administración, a raíz dun cambio de Goberno.

Fóra xa do ámbito administrativo, Leech ocupou postos directivos na banca, como o de vicepresidente do National Union Bank e tamén do National Bank of Commerce, ambos de Nova York.

Ademais, no ámbito político, na Convención Nacional Republicana celebrada en San Luís en 1896, Leech xogou un papel moi relevante na aprobación dun punto polo que o seu partido se amosaba favorable ao mantemento do padrón ouro.

Vida familiar Leech casou o 25 de outubro de 1871 con Celia Kelen Kent, de Pittsburg, Pensilvania,Evans, G. G. (1893). Páxina 98. con quen tivo tres fillos. Celia faleceu en 1889.

O 1 de maio de 1900, Leech faleceu no hospital Mount Sinai, en Nova York, por mor das complicacións dunha apendicite.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Evans, G. G. (1893). Illustrated history of the United States mint... G. G. Evans, Filadelfia. Páxinas 96-98.

Outros artigos

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

Publicacións de Edward O. Leech (Internet Archive)

Categoría:Nados en 1836 Categoría:Finados en 1911 Categoría:Nados en Washington Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Membros da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos Categoría:Alumnos da Universidade Columbia Categoría:Alumnos da Universidade George Washington Categoría:Políticos do Partido Republicano dos Estados Unidos de América Categoría:Finados por apendicite