miniatura|260px|Eurypegasus pailio

Eurypegasus é un xénero de peixes actinopterixios da orde dos gasterosteiformes, un dos cous comprendidos na familia dos pegásidos.Eurypegasus Bleeker, 1863 no WoRMS. Consultado o 7 de abril de 2022.Eurypegasus Bleeker, 1863 no GBIF. Consultado o 7 de abril de 2022.Eurypegasus Bleeker, 1863 na BioLib. Consultada o 7 de abril de 2022.

Taxonomía Descrición O xénero foi desrito en 1863 polo naturalista, anatomista comparativo e ictiólogo neerlandés, experto no estudo comparado dos peixes, Pieter Bleeker.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Europegasus (erro gramatical) Surypegasus (erro gramatical) Zalises Jordan & Snyder, 1901

Especies No cénero recoécense as seguientes dúas especies: Eurypegasus draconis (Linnaeus, 1766) Eurypegasus papilio (Gilbert, 1905)

Distribución As días especiés distribúense pola rexión Indo-Pacífica, desde o mar Vermello até Suráfrica,Smith, M. M. (1986): "Pegasidae", p. 443. En M. M. Smith & P. C. Heemstra, eds. Smiths' sea fishes. Berlín: Springer-Verlag. ISBN 978-3-6428-2858-4. nas illas Marquesas e da Sociedade, e desde o norte do Xapón até o sur de Australia e en toda a Micronesia.Eurypegasus draconis (Linnaeus, 1766) en FishBase.

Características De cores diversos, o corpo é xeralmente de marrón claro a escuro, coa zona dorsal e as laterais máis escuras que a ventral. As aletas pectorais son hialinas, coa marxe distal branca e manchada. A espiña da aleta pelviana e o seu 1º raio forman unha estrutura tentacular alongada. Teñen tres pares de placas corporais dorsolaterais; catro pares de placas ventrolaterais. Presentan un par de fosas profundas posteriores á órbita, a plataforma suborbital é cóncava, os ollos son visíbeis en vista ventral.

Notas

Véxase tamén

Bibliograrfía Palsson, W. A. & Pietsch, T. W. (1989): "Revision of the acanthopterygian fish family Pegasidae (order Gasterosteiformes). Indo-Pacific Fishes 18: 1038. Nelson, J. S. (2006): Fishes of the world. 4ª edición. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-4712-5031-9.

Outros artigos Gasterosteiformes

Categoría:Gasterosteiformes