O Aalborg Stadion, coñecido tamén como Aalborg Portland Park por motivos de patrocinio, é un estadio de fútbol situado na cidade de Aalborg, Dinamarca. Conta con capacidade para 14.135 espectadores e nel disputa os seus partidos como local o AaB.

Historia Inaugurado en 1920, foi renovado en 1960 e 2002. Dende 2007 o estadio tivo varios nomes diferentes por motivos de patrocinio. Así, recibiu o nome de Energi Nord Arena entre 2007 e 2011, Nordjyske Arena entre 2012 e 2016 e Aalborg Portland Park dende 2017.

Albergou partidos da Eurocopa Feminina de 2001 e da Eurocopa sub-21 de 2011.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Aalborg Boldspilklub

Ligazóns externas O Aalborg Stadion no sitio web do concello de Aalborg . Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2011. Datos do estadio no sitio web oficial do AaB . Datos do estadio en allstadiums.ru .

Categoría:Estadios de fútbol de Dinamarca