Miguel Ángel Buján Varela, é un político e funcionario galego.

Traxectoria Funcionario no concello de Toques durante 35 anos. Presentouse á alcaldía deste municipio nas eleccións municipais de 2003 pola Agrupación Independentes de Toques, a cal logrou 2 concelleiros e foi a segunda forza máis votada tralo PPdeG de Jesús Ares Vázquez, que pese a baixar conservou a maioría absoluta. Ó ser funcionario municipal e non ter dedicación, non asumiu a súa atca de concelleiro pola incompatibilidade que supoñía co seu posto funcionarial. Nas municipais de 2007 os membros da candidatura repartíronse entre PSdeG-PSOE e BNG, sendo Buján Varela o candidato socialista á alcaldía e lograndoa grazas a un pacto co PPdeG e o BNG, fronte á candidatura independente do ata entón alcalde que fora expulsado do PP en 2004 tras ser condenado por abusos sexuais.Toques, miedo a votar En virtude dese acordo de goberno, cedeulle a alcaldía ó novo líder popular Jorge Calvo Pestonit en agosto de 2009. Problemas de saúde fixeron que declinase a opción de concorrer de novo como candidato en 2011.

Nas municipais de 2015 si foi candidato socialista e logrou 3 concelleiros, a tan só 9 votos do PPdeG (4 edís) e de se-lo máis votado. Porén, alcanzou un acordo de goberno co BNG (2 edís) polo cal o líder desta formación, José Ángel Penas García asumía a alcaldía a primeira metade da lexislatura e el a segunda. Finalmente regresou á alcaldía en xaneiro de 2018. Volveu se-lo candidato socialista nas municipais de 2019 e logrou 2 concelleiros fronte a 3 do PPdeG e 4 do BNG, porén, conervou a alcaldía en virtude dun novo acordo de goberno co BNG polo cal lle cedeu o bastón de mando ó nacionalista Penas en xuño de 2021. Nas municipais de 2023 logrou 1 concelleiro fronte a 2 do PPdeG e 6 do BNG, logrando estes a maioría absoluta, polo cal non continuou a coalición de goberno e pasou á oposición.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Toques

Ligazóns externas El PSdeG de Toques rescata al exalcalde Miguel Buján como cabeza de lista El PSdeG recoge el testigo del BNG en la alcaldía de Toques con Miguel Buján PSOE y BNG volverán a repartirse la Alcaldía de Toques (A Coruña) dos años cada uno El BNG recupera después de cuatro años la alcaldía de Toques

Categoría:Alcaldes de Toques Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes