Fátima Hamed Hossain, nada en Ceuta en 1978, é unha avogada e política española. É deputada da Asemblea de Ceuta desde 2015 polo partido Movimiento por la Dignidad y la Ciudadanía (MDyC). Foi a primeira muller musulmá á fronte dun grupo político con representación en España.

Traxectoria O Movimiento por la Dignidad y la Ciudadanía é un partido político español de ámbito ceutí formado en outubro de 2014 por un grupo de membros escindidos de Coalición Caballas, liderados por Hamed.«Hamed da forma al Movimiento por la Dignidad y la Ciudadanía.» El Faro de Ceuta, 1 de novembro de 2014 Nas eleccións ceutíes de 2015 o MDyC obtivo 3.264 votos (11,19 % do total) e tres escanos. Deste xeito, Hamed converteuse na primeira muller musulmá en liderar un grupo político na Asemblea de Ceuta. Nas eleccións ceutíes de 2019, Hamed volveu liderar a candidatura. Desta volta, os resultados empeoraron respecto aos anteriores comicios e perderon un deputado dos tres cos que contaban na lexislatura anterior.

O sábado 13 de novembro de 2021, Fátima Hamed Hossain participou nun acto no Teatro Olympia de Valencia. Nese evento tamén estaban Yolanda Díaz (vicepresidenta segunda do Goberno de España e Ministra de Traballo e Economía Social), Ada Colau (alcaldesa de Barcelona), Mónica Oltra (vicepresidenta primeira e conselleira de Igualdade da Generalitat Valenciana), e Mónica García (voceira de Más Madrid na Asemblea de Madrid).

Notas

Categoría:Nados en Ceuta Categoría:Nados en 1978 Categoría:Políticos de España Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Avogados de España Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia