Carlos Canal Blanco, nado en Xinzo de Limia o 28 de xuño de 2001, é un ciclista galego, que corre como profesional nas filas do Movistar.
Destaca como rodador, contrarreloxista e gregario. É tamén un sprinter notable, polo menos en grupos reducidos. Desta maneira logrou a súa primeira vitoria como profesional, na segunda etapa do Gran Camiño 2026.
Traxectoria
Burgos-BH (2020-2021) En 2019 proclamouse campión de España de ciclocrós e mountain bike cross-country, na categoría júnior (sub-19). En outubro, o equipo continental profesional Burgos-BH anunciou a súa fichaxe para as dúas seguintes tempadas.
En 2021 debutou na súa primeira Gran Volta ao entrar no equipo que o Burgos-BH presentou para a Volta a España. Rematou no posto 106º e estivo involucrado en dúas longas escapadas.
Euskaltel-Euskadi (2022-2023) En 2022 fichou polo Euskaltel-Euskadi, equipo co que competiu na Volta a España dese verán. Rematou no posto 83º e volveu participar dunha longa escapada, na duodécima etapa.
Na tempada 2023 o seu equipo non foi seleccionado para participar na Volta a España. Participou no mundial de estrada sub-23 de Escocia, onde rematou undécimo.
Movistar (2024- ) Ao final da tempada 2023 anunciouse a súa fichaxe por dous anos no Movistar, no que supuxo o seu paso a un equipo World Tour, a máxima categoría do ciclismo profesional.
A tempada 2024 foi de asentamento no equipo. Non logrou ningún resultado especialmente destacado, pero aínda así foi seleccionado para participar na Volta a España. Rematou no posto 70º da clasificación xeral. Na chegada ao sprint da 3ª etapa rematou na 10ª posición.
Na tempada 2025 volvéuselle resistir a vitoria, pero andou moi preto de conseguila na Coppa Agostoni, unha das clásicas de outono do calendario italiano. Unha picada de roda a poucos quilómetros do final cando marchaba escapado xunto de Adam Yates privouno de disputar a vitoria.
O ciclista galego fixo un gran final de tempada. Participou na Volta a España para rematar no posto 59º. Nesta carreira exerceu sobre todo como lanzador de Orluis Aular, o velocista do equipo. Tamén logrou o sexto posto na quinta etapa, unha contra o reloxo de 24 quilómetros.
Esta boa actuación na Vuelta serviulle unha convocatoria para a carreira de ruta do Mundial, onde exerceu de gregario de Juan Ayuso. O corredor valenciano terminou a proba en sexta posición e Canal vixésimo. Foron os dous únicos ciclistas da selección que completaron o circuíto.
Iniciou a tempada 2026 participando en varias clásicas, como a A Través de Flandres. Nesa carreira chegou ao sprint final cun grupo de cincuenta corredores e logrou o décimo quinto posto. Un par de semanas despois, o 15 de abril, obtivo a súa primeira vitoria como profesional. Foi na segunda etapa do Gran Camiño, entre Vilalba e Barreiros. Canal impuxo a súa punta de velocidade nun grupo duns trinta e cinco corredores.
Volveu formar parte da convocatoria de Movistar para a Volta a España. Partía coa misión de buscar etapas en escapadas e auxiliar ao seu compañeiro Aular nos esprints. Secasí, o abandono de Pogačar na oitava etapa deulle o liderado a Enric Mas, home forte do Movistar, que acabou por gañar a carreira. Canal converteuse nun dos ciclistas encargados de conducir e controlar o grupo e concluíu a Volta na 90º posición, a máis de tres horas e media do seu xefe de filas.
Resultados Grandes voltas Carreira 2020 2021 2022 2023 2024 2025 2026 Giro de Italia — — — — — — — Tour de Francia — — — — — — — Vuelta a España — 106.º 84.º — 70.º 55.º 90.º —: Non participa Ab.: Abandona
Clásicas e campionatos Carreira 2020 2021 2022 2023 2024 2025 2026Omloop Nieuwsblad — — — — — — 95.ºKuurne-Bruselas-Kuurne — — — — — — 21.ºStrade Bianche — — — — 25.º 64.º — Milán-Sanremo — — — — 49.º 31.º —E3 Saxo Classic X — — — 90.º 28.º 47.ºGante-Wevelgem — — — — — 20.º 16.ºDwars door Vlaanderen X — — — 54.º — 15.ºTour de Flandres — — — — 77.º 51.º 69.ºAmstel Gold Race X — — — 105.º — —La Flèche Wallonne — — — — 38.º — —Liexa-Bastogne-Liexa — — — — Ab. — —Giro de Lombardía — — — — — 20.ºParís-Tours 117.º — — — — —24px Mundial en Ruta — — — — — 20.º20px España en Ruta 54.º 27.º 40.º 31.º 4.º | 22.º | 48.º |- | colspan=2|20px España Contra o Reloxo | — | 24.º | 10.º''' 15.º — — — —: Non participa Ab.: Abandona
Notas
Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Ciclistas de Galicia