Hernán Hermida Pacheco, coñecido como Eddie, nado en Cabimas, Zulia, o 24 de marzo de 1983, é un cantante venezolano-estadounidense, de orixe galega, coñecido por ser o vocalista de Suicide Silence dende 2013, cando se incorporou como substituto do falecido Mitch Lucker. Anteriormente fora vocalista da banda de deathcore All Shall Perish.
Traxectoria Nacido na cidade venezolana de Cabimas, de pai galego e nai de Táchira, criouse alí xunto con dúas irmás ata os 16 anos. Mostrou interese polo heavy metal dende a adolescencia, influenciado pola música de Slipknot, Cannibal Corpse, Pantera e Hatebreed. En 1999 mudouse coa súa familia a San Francisco, California, onde en 2003 formou a súa primeira banda, Genmetal Grey, dos xéneros thrashcore e metalcore, co que gravou un EP de título Solitude. En 2006, trala separación de Gunmetal Grey, foi invitado a cantar en All Shall Perish, cos quen gravou o álbum The Price of Existence ese mesmo ano. Posteriormente publicou coa banda os álbums Awaken the Dreamers e This Is Where It Ends.
O 5 de outubro de 2013, deixou All Shall Perish para substituír o falecido Mitch Lucker en Suicide Silence. O 15 de abril de 2014 anunciouse o título do novo álbum do grupo, o primeiro con Eddie, de título You Can't Stop Me. Despois de dar varios concertos en todo o mundo en 2015, en 2016 a banda comezou a gravar o seu quinto álbum, que saíu á luz ao ano seguinte co título de Suicide Silence.
Bandas
Gunmetal Grey (2003-2006) All Shall Perish (2003-2013) Suicide Silence (2013-presente)
Discografía
Con Gunmetal Grey
2005: Solitude
Con All Shall Perish
2006: The Price of Existence 2008: Awaken the Dreamers 2011: This Is Where It Ends
Con Suicide Silence
2014: You Can't Stop Me 2017: Suicide Silence
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Datos do cantante en metal-archives.com .
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Venezuela Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Venezolanos de ascendencia galega Categoría:Estadounidenses de ascendencia galega Categoría:Cantantes de Venezuela Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América