Jesús Ares Vázquez, nado en Vilamor (Toques) o 26 de abril de 1933 e finado en Melide o 17 de outubro de 2025, foi un político galego.

Traxectoria Traballou como taxista e gandeiro. Concelleiro en Toques dende 1974. Membro de UCD, foi o número 2 da candidatura Independentes de Souto nas primeiras eleccións democráticasLa Voz de Galicia A Coruña, 1-4-1979, p.38, sendo a única que se presentou, e foi elixido concelleiro. Trala dimisión de Victorino Sánchez Rodríguez en 1982 foi elixido novo alcalde. Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas sucesivas eleccións, por Alianza Popular (1983), pola CPG (1987) e polo PPdeG (1991, 1995, 1999 e 2003).

Condena En xaneiro de 2001 foi denunciado por abusos sexuais a unha rapaza de 15 anos, filla dun compañeiro de partido e membro das súas listas. Por estes feitos foi condenado en xaneiro de 2004, e negouse a dimitir tralo cal foi expulsado do PPdeG. En setembro de 2006 foi condenado por agredir a xornalistas que cubriron un pleno trala súa condena en 2004El alcalde de Toques, condenado ahora por agredir a la prensa. Concorreu ás municipais de 2007 encabezando a formación Xuntos Cara o Progreso de Toques, a cal resultou ser a máis votada pero sen maioría absoluta, polo que se uniron PSdeG, PPdeG, con 2 concelleiros cada partido, e o BNG cun único concelleiro, para formar un goberno conxunto e apartalo da alcaldía. Logo dese mandato na oposición retirouse da primeira liña política.

Polémicas Ademais da denuncia e condena xa nomeadas, en 1995 quixo instalar unha fábrica de explosivos no municipio, o cal levou a un levantamento veciñal que chegou a ocupar o consistorio e supuxo que desistise da idea.

Vida persoal Casou con Esther Fernández Pérez e foi pai de José Luis e Jesús Javier Ares Fernández.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Toques

Ligazóns externas Amistad con final amargo en Toques en La Voz de Galicia Crónica da súa condena en El Mundo PSOE y PP se turnarán en la alcaldía de Toques en un tripartito con el BNG en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Toques Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Toques Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2025

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes