Edmund C. Moy, nado en Detroit, Míchigan, o 12 de setembro de 1957, é un empresario e ex alto funcionario estadounidense, que ocupou o cargo de director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (US Mint) entre 2006 e 2011.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Edmund C. Moy naceu en Detroit, Míchigan, o 12 de setembro de 1957, nunha familia de orixe chinesa-estadounidense, e criuose na localidade de Waukesha, Wisconsin. Alí comezou traballando no restaurante que rexentaban os seus pais,"About Edmund C. Moy ". MontgomeryChandler.com Tom e Rosa Moy, procedentes da provincia chinesa de Guangdong.

Cursou o ensino secundario na North High School de Waukesha, onde se graduou en 1975, e posteriormente ingresou na Universidade de Wisconsin-Madison, na que se graduou en Economía, Relacións Internacionais e Ciencias Políticas en 1979,"Edmund C. Moy, Director of United States Mint: Biography, Speeches and Statements". En CoinsNews.net logo de abandonar a carreira de Medicina, na que inicilmente se matriculara.

Carreira profesional Entre 1979 e 1989, Moy traballou como executivo de vendas para a compañía Blue Cross Blue Shield United, de Wisconsin.US Congress (2007). Páxina 74. Nese período desempeñou diversos postos en empresas do sector privado. Seguidamente foi nomeado director da oficina de Atención Sanitaria dentro da Administración de George H. W. Bush (1989-1993), e logo exerceu a súa actividade laboral en diversas compañías entre 1994 e 2001. No período 2001-2006, Moy traballou na Administración de George W. Bush como axudante especial do presidente para o persoal presidencial.US Congress (2007). Páxina 73. Edmund C. Moy encargouse de supervisar os candidatos para os nomeamentos presidenciais nas áreas xerais de recursos humanos, naturais e culturais."Meet Edmund C. Moy". Edmoy.comMorgan Gold (2011). "Former Director of the United States Mint Edmund C. Moy Joins Morgan Gold As Company Spokesperson". Cision. PR Newswire. 8 de novembro.

En 2003 formou parte do equipo de transición do Departamento de Seguridade Nacional, que se acababa de crear."Moy nominated for Mint director". En Numismatic News. 21 de xullo de 2008. miniatura|260x260px|Edmund C. Moy xunto con Laura Bush na presentación da serie de moedas de ouro dedicada ás primeiras damas dos EEUU, en 2007. O 28 de xuño de 2006, o presidente Bush nominou a Moy como o 38º director da Casa da Moeda dos Estados Unidos,US Congress (2007). Páxina 71. como sucesor de Henrietta H. Fore."Biography: Henrietta H. Fore". Unicef.

Foi galardoado coa medalla Alexander Hamilton ao servizo público, outorgada polo secretario do Tesouro, Henry M. Paulson. Entre 2001 e 2006, Moy foi asistente especial do presidente na Casa Branca.

O 20 de decembro de 2010 anunciou a súa dimisión como director da US Mint, que se fixo efectiva o 9 de xaneiro de 2011. Logo de deixar este posto, Moy volveu ao sector privado, como vicepresidente encargado da estrutura corporativa da compañía L&L Energy, Inc."Director of United States Mint Resigns". United States Mint. 20 de decembro de 2010. "L&L Energy Announces Appointment of VP Corporate Infrastructure and Director of Accounting". En Cision. PR Newswire. 21 de decembro de 2010. A partir de 2014 é o xefe de estratexia de Fortress Gold Group."Fortress Gold Group Debuts Gold Webinar Series with Edmund C. Moy and Morgan Steckler". Edmoy.com Así mesmo, asesora e participa no consello de administración de diversas corporacións en sectores como o mercado de metais preciosos, tecnoloxía blockchain ou servizos de saúde."Ed Moy - Biography". NewsmaxFinance.com

En 2021, Moy foi incluído na lista de persoas máis influentes do mundo no ámbito da numismática no período 1960-2020 pola revista do sector Coin World.Coin World: Celebrating 60-The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Amos Media. (2021). Páxina 128.

Vida persoal Moy é un participante moi activo en organizacións que reptresentan a comunidade asiático-americana e é membro do consello de administración da revista evanxélica Christianity Today International.

En 1997, Moy sufriu unha doenza nerviosa debilitante durante dous anos e medio, que conseguiu curar logo dunha cirurxía cerebral.

Moy está casado desde 1982 con Karen Johnson Moy, e en 2006 adoptaron unha nena na China, chamada Nora Sue Moy e nada en 2005.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

US Congress (2007). Nominations of Frederic S. Mishkin, Linda Mysliwy Conlin, J. Joseph Grandmaison, Edmund C. Moy, and Geoffrey S. Bacino. U.S. Government Printing Office, Washington, 2007.

Outros artigos

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

Sitio web oficial de Edmund C. Moy

Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Detroit Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Políticos do Partido Republicano dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia chinesa Categoría:Alumnos da Universidade de Wisconsin-Madison