Manuel Nóvoa Barreiros, nado en Ourense cara a 1930 e finado na mesma cidade o 18 de marzo de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Veciño de Ourense, membro das Juventudes Socialistas Unificadas e do comité provincial do Partido Comunista de España. Nos anos corenta uniuse á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, que tiña a súa base na Edreira. O grupo voante a mando de Juan Sorga e integrado por Manuel Rodríguez González, Camilo de Dios Fernández, Antonio Pérez Barreiros, José María Saavedra Díaz e o propio Manuel Nóvoa, marchou a Ourense o 8 de marzo de 1949. O 18 de marzo o grupo foi localizado pola garda civil nunha casa que utilizaban como refuxio preto de Ourense. Nun primeiro asalto os guerrilleiros lograron repeler o ataque e mataron o capitán Francisco Piñel Estévez e ao garda José Rouco Vila, o guerrilleiro Antón López tamén resultou morto. A situación fíxose insostible e Antonio Pérez, José María Saavedra e outro guerrilleiro intentaron romper o cerco. Antonio Pérez e José María Saavedra resultaron gravemente feridos e foron capturados. Na casa permaneceron dous guerrilleiros que continuaron resistindo e a garda civil decidiu poñerlle lume á casa. No edificio en chamas, Manuel Nóvoa suicidouse mentres o seu compañeiro Camilo de Dios foi ferido e capturado. Manuel Rodríguez e Juan Sorga lograron fuxir.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas «La memoria histórica siempre es necesaria, pero ahora más que nunca» Accións na Limia do Exército Guerrilleiro de Galicia. II Agrupación
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1949