Máximo Nóvoa Barreiros, nado en Ourense e finado en Coles o 25 de novembro de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Fillo de Juan Nóvoa. Despois da reorganización da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia feita por Samuel Mayo Méndez cara a 1946, Máximo foi designado con Gumersindo Fernández Incógnito ao mando dun destacamento que operaba ao nordeste de Ourense. Estaban en contacto con Raúl Castro Cao que estaba organizando centros guerrilleiros na zona. Foi asasinado o 25 de novembro de 1948 nunha cova preto de Coles xunto con José Pallares Taboada.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Finados en 1948

Categoría:Nados en ano descoñecido