Norman Earl Thagard, nado en Marianna (Florida) o 3 de xullo de 1943, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-7, STS-51-B, STS-30, STS-42, STS-71 e Soiuz TM-21.

Traxectoria Thagard graduouse e é máster en enxeñaría pola Universidade do Estado de Florida en 1965 e 1966 respectivamente. Ten un doutoramento en medicina pola Escola Médica Universitaria do Suroeste de Texas en 1977. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xaneiro de 1978, participando nas misións STS-7, STS-51-B, STS-30, STS-42, STS-71 e Soiuz TM-21. Pasou un total de 140,56 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-7 STS-51-B STS-30 STS-42 STS-71 Soiuz TM-21

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Florida