Gumersindo Fernández Incógnito foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

Foi lugartenente de Albino Gómez Rodríguez que comandaba un grupo formado por labregos de Muíños e Lobios na zona occidental de Ourense. Dende 1946 o grupo integrouse da II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia logo da reorganización de Samuel Mayo Méndez, e Gumersindo foi designado con Máximo Nóvoa Barreiros ao mando dun destacamento que operaba ao nordeste de Ourense. Estaban en contacto con Raúl Castro Cao que estaba organizando centros guerrilleiros na zona. Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia