Tityus serrulatus é unha especie de escorpión da familia Buthidae. É orixinario do Brasil e o seu veleno é extremadamente tóxico. É o máis perigoso escorpión de América do Sur, sendo responsábel de moitos encontros fatais cos seres humanos.
Descrición Os exemplares adultos polo xeral miden entre 5–7 cm de lonxitude. Ten as patas (8 en total) e os pedipalpos de cor amarela pálida, cun ton máis escuro de marrón amarelento no tronco, nos dedos e na punta da cola. Como outros membros da familia Buthidae, T. serrulatus ten unha cola bulbosa, a miúdo orientada nunha curva cara a adiante sobre o lombo, que está segmentado, con cristas e estrías prominentes. A cola ten na punta unha puga que inxecta veleno que é quen de inmobilizar a presa ou lanzar golpes defensivos.
Notas
Categoría:Animais descritos en 1922 Categoría:Fauna do Brasil